post

Xeal despide a un representante de CGT por defender nun xuízo a unha traballadora vítima de acoso sexual

A empresa Xeal, de Cee-Dumbría, despedíu a un compañeiro, representante
electo do sindicato CGT no Comité de Empresa. Este compañeiro acudiu
recentemente como testemuña a un xuizo por un caso por acoso sexual
acontecido na empresa. Xuizo no que o compañeiro apoiou á traballadora
en varias circunstancias que demostraban os feitos denunciados (acoso
sexual). Este xuízo resolveuse coa condena por acoso sexual do
Coordinador do servizo de prevención de Xeal.

A empresa como represalia, buscou unha excusa para o despedimento do
compañeiro. Para a CGT está claro que o compañeiro estaba no punto de
mira da empresa desde que se denunciou a situación de acoso, e que esta
aproveitou de modo vengativo a primeira circunstancia que atopou para
desfacerse dun traballador non manipulable e que loita na defensa das
mulleres.

Por outro lado, a empresa retrátase ao non asumir a súa responsabilidade
no caso de acoso e perseguir a quen manifestou a verdade diante dun xuíz
en troques de defender ás traballadoras que sofren acoso.

A CGT non acepta esta decisión e loitará con todos os seus medios para
conseguir a readmisión do compañeiro, para o que non renuncia a todo
tipo de mobilizacións con todos aqueles que estean dispostos a pelexar
contra inxustizas como estas.

CGT da Coruña