post

Medran os casos de COVID en Correos da Coruña

Desde a CGT vemos moi preocupantemente como os casos de COVID na nosa provincia non paran de aumentar. E desde esta organización seguimos moi preocupadas pola sensación de "dallequelibras" e de "maloserá" da dirección, incumprindo os seus propios protocolos -especialmente no que se refire a distancia de seguridade-. Todo o mundo sabe que a distancia de seguridade de 1,5 metros NON se cumpre nas horas de clasificación xeral da inmensa maioría dos centros, onde a xente traballa como se nada, cóbado con cóbado, en lugares pechados e mal ventilados, a maior parte das veces coa complicidade da persoa responsable que observa sen facer nada. Todas esas persoas son hipotéticos contactos estreitos, pero Correos cruza os dedos agardando que a pura sorte, o azar -o "maloserá"- protexa a nosa saúde e a das nosas familias e fía todo erroneamente e irresponsablemente a unha única medida: a máscara, tal como se demostrou no grave caso do CTA.

Tamén nos preocupa fondamente a bochornosa falta de información que se lle está ofrecendo ao persoal. Na maioría dos centros de traballo afectados o persoal nada sabía dos positivos ou illados probables. En moitas ocasións entéranse de segundas ou cando ven o equipo a desinfectar o centro. Unha vez máis a dirección trata ao persoal como se foramos nenxs, ocultando unha información que afecta profundamente ás nosas vidas  e á nosa saúde e priorizando a producción á saúde e á seguridade. É unha vergoña e unha indignidade.

Tamén vemos retrasos inxustificados na desinfección dos centros, que moitas veces chega tarde mal e case sempre pola porte de atrás. Sobre o persoal de risco: no mes de marzo, cunha incidencia moito menor da pandemia, o persoal de risco foi enviado preventivamente a casa, ¿¿a que espera Correos para volver a levar a cabo esta medida??

Desde a CGT levamos innumerables escritos á dirección pedindo a entrega da información actualizada e completa ao persoal; propoñendo medidas como o control de temperatura no acceso; elevando 4 denuncias xa na Inspección de Traballo por incumprimento de detección de contactos estreitos e falta de distancia de seguridade…

A improvisación e a ocultación é a norma de Correos. Una ocultación e unha improvisación que están xogando coa nosa saúde de maneira grave e perigosa e esiximos á dirección de Correos que:

  • Cumpra escrupulosamente coas medidas de seguridade, especialmente a distancia interpersoal nas tarefas comúns, poñendo en marcha medidas adicionais como o control de temperatura proposto por CGT nos grandes centros.
  • Informe inmediatamente nos centros sobre calquera incidencia que poida afectar á seguridade e á saúde do persoal, incluíndo cando se íalla unha persoa por un contacto estreito.
  • Mellore a detección e sinalización de contactos estreitos nos centros, que neste momento pensamos que se está facer dunha maneira subxectiva, superficial e pouco rigorosa.
  • Mellore os prazos de desinfección dos centros.
  • Prepare inmediatamente medidas para o persoal de risco e un plan de contención ante o preocupante aumento de casos na nosa provincia, poñendo en marcha o comité COVID que xa foi esixido no mes de febreiro pola CGT.

CORREOS: XA BASTA DE XOGAR COA NOSA SAÚDE

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña

 

post

Buzón Rebelde 32

Publicouse o ógano de difusión da CGT da Coruña en Correos e xa vai polo número 32. Neste número o tema máis importante é o COVID-19 e a desidia de Correos para preservar a saúde dxs traballadorxs. Denúnciase o incremento de casos (13 vencellados ao CTA) e faise unha exposición pormenorizada da situación. Explícase que a máscara por si soa non é suficiente e dase conta do malestar na UR3 con folga incluída. Infórmase dos recortes enRibeira e Oleiros e se reclama respeito e a fin dos malos modos por parte das xefaturas de equipo. Denúnciase o cinismo da empresa con respecto ás distanzas de seguridade e faixe un chamamento á participación activa na prevención nos postos de traballo.

Un número moi interesante que se pode ler ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña

 

 

 

post

[A Coruña] Novo número de «O Buzón Rebelde», especial eleccións

Neste número 26 encontraredes, entre outra información, copia do escrito envíado pola CGT á dirección da Correos na Coruña sobre o reparto electoral, preguntas frecuentes da campaña e breves sobre a folga das 21 USES de Madrid e o tema dos sábados.

Podedes atopar o boletín picando aquí.

Sección Sindical CGT Correos A Coruña

 

post

A Folga Xeral Feminista na Coruña e Lugo. Nota de prensa

A CGT, que convocou unha Folga Xeral Feminista de 24 horas este 8 de marzo, informa do seguinte:

          A situación xeral de seguemento na provincia da Coruña é satisfactorio, tendo en conta que a CGT non é un sindicato maioritario e a difusión do seu mensaxe estivo moi limitado. A pesar disto, informamos de que o paro é un éxito no sector de telemárquetin, cos seguintes datos concretos naquelas empesas e sectores onde a CGT ten implantación:

  • Extel (A Coruña): 80% de seguemento
  • Atento (A Coruña): 40% de seguemento
  • Abante (Lugo): 70% de seguemento

En Correos da provincia da Coruña, o seguemento foi notable, chegando ata o 20%. Nesta empresa, a CGT conseguíu paralizar o intento da dirección de organizar a esquirolaxe interno obrigando a non folguistas a facer o traballo do persoal en folga. Tras unha hora de loita, a empresa retirou dita pretensión.

En Adif establecéronse servizos mínimos abusivos, o que provocou que prácticamente todo o persoal teña a obriga de traballar. O mesmo pasa en Renfe, cun 75% de servizos mínimos.

En Navantia (Ferrol) estímase o paro nun 15%, ao igual que nos servizos administrativos da Xunta de Galicia.

En xeral, a CGT da Coruña considera satisfactorio o seguemento da folga e ten que denunciar o seguinte:

  • A imposición de servizos mínimos abusivos, superiores aos doutras xornadas de folga, a pesar das reiteradas sentenzas que, en ocasión anteriores, declararon a ilegalidade destes servizos. Esta imposición, tanto en Renfe como en Adif, imposibilita o exercicio real do dereito á Folga.
  • A presión que están sufrindo moitas traballadoras, ás que se lles aplican servizos mínimos inexistentes, como no caso do persoal da limpeza de oficinas, avións e zona VIP no aeroporto de Alvedro.

A CGT da Coruña fai un chamamento á participación masiva na manifestación que sairá do Obelisco da Coruña ás 19:30 horas.

CGT da Coruña, 08 de marzo de 2019