post

Concentración solidaria co pobo palestino na Coruña

A CGT da Coruña acordou participar na concentración de solidariedade co pobo palestino que terá lugar o venres, 18 de maio, no Obelisco da Coruña, a partir das 20:00 horas.

Para a CGT, as actuacións criminais do Estado de Israel nos últimos días son un paso máis, gravísimo, no proceso de exterminación do pobo palestino e de usurpación dos seus territorios ancestrais. Non menos grave é a complicidade dos países occidentais, que teñen a desvergoña de chamar á contención a «ambas partes», cando só hai unha parte xenocida e merecente de repulsa, que é o Estado sionista de Israel. Neste sentido, esiximos unha resposta contundente do goberno español, só pena de consideralo cómplice activo da masacre.

A CGT da Coruña fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que amosen a súa oposición a esta nova matanza do pobo palestino, do que amosámonos solidarios na opresión que padecen.

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

A CGT da Coruña apoia a concentración polas pensións do día 17

A CGT da Coruña acordou manifestar o seu apoio á concentración convocada para o próximo sábado, día 17, ás 12:00 horas, no Obelisco da Coruña, en defensa do sistema público de pensións.

O sistema de pensións ven sendo saqueado polas elites políticas e económicas do país a través das últimas reformas que foron, a do PSOE que retrasou a idade de xubilación, e a do PP que modificou o sistema de cálculo da revalorización, deixándoo nun miserento 0,25% anual. Ao mesmo tempo, os poderes políticos e financeiros promocionan os sistemas privados de pensións metendo medo aos traballadores e intentando convencelos de que o sistema actual non é sostible.

Para a CGT, o mantemento dun sistema xusto, solidario e público cunhas pensións suficientes para levar unha vida digna é posible sen ningunha dificultade. Cando se pode rescatar á banca, cando se lle rebaixan as cotizacións ás empresas, cando se recortan os impostos aos poderosos, cando se saquea a caixa de reservas da Seguridade Social, en realidade o que están facendo é eliminar a financiación do sistema de pensións e fomentar o sistema privado, inxusto, insolidario e de solvencia dubidosa.

Por isto, a CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e poboación traballadora en xeral para que apoien esta convocatoria. Por que é xusto e impresdindible.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Concentracións para o mes de marzo polo despido de Xurxo de GAINCA

Concentracións diante da Oficina central de Caixanova (Rúa García Barbón nº 1 – 3 . VIGO):

  1. Venres 6. De 11:00 horas a 12:00 horas
  2. Venres 20. De 11:00 horas a 12:00 horas

Concentracións diante do teatro do Centro Cultural Caixanova (Rúa Policarpo Sánz):

  1. Xoves 5. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  2. Xoves 12. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  3. Xoves 19. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  4. Sábado 21. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  5. Mércores 25. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  6. Xoves 26. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  7. Venres 27. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  8. Sábado 28. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  9. Domingo 29. De 19:30 horas a 20:30 horas.
  10. Martes 31. De 19:30 horas a 20:30 horas.

Manifestacións:

  1. Sábado 7. Ás 11:30 horas en PONTEVEDRA. Dende a Praza da Ferrería ata a sede central de Caixanova.
  2. Sábado 14. Ás 11:30 horas en VIGO. Dende a Vía Norte ata a sede central de Caixanova.