post

[Ferrol] Analizando as relacións laborais en Emafesa

Comenzamos con una serie de comunicados en lo que es una de las líneas de nuestra acción sindical en la empresa.

Nota Previa: el análisis de las relaciones laborales en la empresa donde trabajamos supone una experiencia personal muy desagradable para el actual Delegado de la Sección Sindical.

Logros de 18 años de sindicalismo de pacto y de concertación social (modelo de comités de empresa)

  • 2 Días de asuntos propios
  • Subida salarial media: IPC + 0,6 %
  • Derechos sindicales: 1 hora más al mes (sobre el mínimo de 15 que establece la ley, hay 16 horas mensuales)
  • Derechos sociales: Complemento al 100 % del salario por baja (enfermedad y accidente), muy limitado, y una ayuda escolar de un mínimo de 25 euros a un máximo de 93 por curso.

Estos son los logros, hasta el momento.

Son razón más que suficiente para no aceptar la lógica de negociación de la empresa (básicamente del socio privado, que es quien negocia los convenios, por delegación, ver pliego de condiciones y estatutos de la sociedad) de llevar las negociaciones siempre en el entorno del ipc ± ipc, y nada sobre el mínimo que marca la ley con respecto al resto de materias, para eso sobra la negociación colectiva y sobra el convenio colectivo.

Pero, ¿que dicen los informes de gestión y auditoría?

"Que se ha cumplido el objetivo fundamental de prestar los servicios de abastecimiento de agua potable y de saneamiento, de forma permanente y con calidad satisfactoria." -Reducción de impagos un 9,5 % del 12,23 % en 2001 al 2,75 % en 2009

-Incremento de abonados: 36,69 % (2001-2016)

-Aumento de los ingresos: 43,02 % (2001-2016)

Y, ¿cual es el resultado para la plantilla, tras haber aumentado la productividad? -Jornada de trabajo mayor.

Menor salario, menor poder adquisitivo y menor calidad de vida.

– Menos derechos o inexistentes.

Sección Sindical de CGT en Emafesa

COMUNICADO_SECCION_SINDICAL_CGT_PLANTILLA_11_12_2018

 

post

Ferrol: Por unha Asemblea Xeral en Navantia

Que este convenio está sendo atípico, ou incluso histórico, non se pode dubidar: mínima información, falta de asembleas, ausencia total de mobilizacións para exercer presión, recortes nos dereitos conquistados durante décadas de loita…

  • É moi evidente que, tras fracasar no IV Convenio, estamos ante un novo intento de impoñer pola vía dos feitos consumados un cambio fundamental na dinámica sindical, para acabar co protagonismo dos traballadores na xestión dos nosos asuntos colectivos. Este cambio interesa tanto á empresa como á burocracia sindical.

Interesa á empresa, para que os negociadores sindicais se separen o máis posible dos traballadores, a fin de que as opinións destes non contrarresten os esforzos que ela exerce para que a visión empresarial penetre na cabeza dos sindicalistas. Por iso lle chaman "negociación" a xuntanzas que foron meras proxeccións de power-points, se enclaustran en Los Peñascales, etc.

Interesa á burocracia sindical, para librarse da molesta interferencia dos traballadores e ter as mans libres para argallar o que lles conveña ós seus aparatos sindicais, que teñen os seus propios intereses alleos ós intereses da clase obreira.

O 26 e o 31 de outubro houbo asembleas xerais. En ambas, o comité dixo que trala seguinte xuntanza de negociación convocaría outra. Aínda estamos esperando. E quizais teñamos que seguir esperando porque algún membro do comité de empresa xa recoñeceu que non hai intención de convocala. Unha semellanza máis co IV Convenio.

As cousas hai que facelas como se deben facer. O  PRIMEIRO  É  QUE TÓDOLOS TRABALLADORES DISPOà‘AMOS DO TEXTO ÍNTEGRO DO CONVENIO, INCLUÍDOS ANEXOS, TÁBOAS E ACTAS. Unha vez que houbo ocasión e tempo para que se lea e analice, DESPOIS DEBE HABER UNHA RONDA DE ASEMBLEAS DE TALLO PARA QUE O COMITÉ ACLARE DÚBIDAS (que a día de hoxe son moitísimas). O proceso debe CULMINAR NUNHA ASEMBLEA XERAL QUE MANTEà‘A UN DEBATE GLOBAL E TOME UNHA DECISIÓN. Así se fixeron sempre as cousas e así se deben facer agora. E se facer as cousas ben implica que a decisión quede para xaneiro, nada o impide, agás, quizáis, que o cobro dos obxectivos d algúns directivos dependa de que o plan/convenio se asine este ano. Pero os intereses persoais dos directivos da empresa non xustifican a chapuza sindical que se está a ver.

Estamos ante un convenio histórico. Pero á historia pasan tanto as cousas boas como as cousas malas. SERÍA REALMENTE HISTÓRICO, EN SENTIDO NEGATIVO, QUE O COMITÉ DE EMPRESA NON CONVOCASE UNH A ASEMBLEA XERAL. E POR ISO MESMO SERÍA INACEPTABLE.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Comunicado da SS Unitaria de CGT en Navantia Ferrol: o acordado para a Industria Auxiliar é manifestamente mellorable

A situación resúmese así:

  • 1) Os acordos aplicaranse en tres tramos: 40% á publicación no convenio provincial, 70% o 1 de xaneiro de 2019 e 100% en novembro de 2019.
  • 2) Os acordos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Transitoria. Esta disposición terá vixencia ata o 30 de xuño de 2020.
  • 3) Paralelamente, as compañías teñen que constituír unha asociación patronal. O prazo para facelo son catro meses.
  • 4) Unha vez constituída, esta asociación patronal e os sindicatos ratificarán os acordos, momento en que os mesmos entrarán a formar parte do convenio provincial como Disposición Adicional, que terá a mesma vixencia có resto do convenio. (O convenio provincial remata o 31 de decembro de 2019, pero manterá a súa vixencia mentres non se asine outro, segundo recolle o seu artigo 4).

É dicir, a solución acadada onte non é definitiva porque os acordos entran no convenio, pero como Disposición Transitoria con vixencia ata o 30 de xuño de 2020. Por tanto, se a asociación patronal acaba por non constituírse ou se, aínda constituíndose, non ratificase os acordos, estes desaparecían do convenio o 30 de xuño de 2020. Noutras palabras: os acordos entran no convenio provincial de forma provisoria.

A cuestión é: era este o único resultado posible? Non. Por que? Porque hai carga de traballo, e isto é favorable ós traballadores. Pero ademais de haber carga de traballo, ten que haber dúas cousas máis: 1) Vontade dos traballadores de loitar; 2) Vontade sindical de organizar a loita. A primeira haina, e dabondo, como quedou moi claro na asemblea xeral de compañías do venres 19 de outubro, que evidenciou un ambiente moi crítico coas limitacións do acordo (tres tramos, actualización das cantidades ó ano 2014, etc.). A segunda é obvio que falta.

Unha estratexia de mobilización firme, con implicación da principal e buscando a confluencia cos traballadores das outras factorías de Navantia, nalgunha das cales tamén hai un gran ambiente de loita da industria auxiliar, como se demostrou na exitosa folga do metal na bahía de Cádiz o pasado 13 de xuño, permitiría obter moito máis. ¿Ou acaso este acordo limitado alcanzouse grazas á negociación? En absoluto, alcanzouse grazas á folga de outubro do ano pasado. É máis, todo este asunto levaría un ano resolto se CCOO, UGT, MAS e os comités da principal chegan a apoiar a folga daquela, no canto de colaborar abertamente coa patronal para tentar afundila. En vez de aceptar acordos limitados, hai que darlle unha oportunidade á loita, o único camiño para que os traballadores logremos avances.

Tampouco se entenden tantas presas por ratificar isto. Despois de todo un ano de negociación, tendo que esperar aínda outro ano máis para poder cobrar o 100%, a que veñen tantas presas de celebrar hoxe ás 10:00 unha asemblea xeral para ratificar un preacordo acadado onte ás 21:30 horas? De verdade que non se podería explicar e debater primeiro en asembleas parciais, moito máis participativas, e que a asemblea xeral decisoria fose mañá ou pasado? Vese que, como en Navantia co convenio, tampouco na industria auxiliar hai moita vontade sindical de que os traballadores teñan tempo a ler con tranquilidade, pensar por si mesmos e chegar ás súas propias conclusións.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia Ferrol.

 

post

[Ferrol] Emafesa: el salario neto más frecuente (sin el desfase del 15%)

Teniendo en cuenta el desfase entre el incremento de los salarios de lxs trabajadorxs y el incremento de los ingresos de la empresa, favorable a esta última, veremos si ambos hubieran subido en la misma proporción, cuál sería el salario neto más frecuente en emafesa.

Antes, unas observaciones:

1- Los servicios públicos básicos gestionados por emafesa, se financian mediante una tasa de la administración local, el Ayuntamiento de Ferrol, la cual tiene que garantizar, por su enfoque legal, el equilibrio económico, no puede dar beneficios la empresa emafesa, sería ilegal.

2- La plantilla de emafesa , somos personal al servicio del sector público, y estamos así definidos, por entre otras, la ley general de presupuestos generales del estado, Art. 18. Muy importante, tener esto claro para centrar las relaciones laborales en todos sus aspectos.

3- El cálculo del desfase es aproximado, y prudente, con las cifras reales, pensamos que el desfase sería mayor.

4- ¿Quien decide que los ingresos de lxs trabajadorxs se incrementen por debajo del incremento de los ingresos de la empresa?.

5- ¿Quien decide como se reparte la masa salarial?

EL SALARIO NETO MAS FRECUENTE EN EMAFESA, SIN EL DESFASE DEL 15 %, SERÍA:

Vamos a ver cual sería ese salario, si estos hubiesen crecido en la misma proporción que los ingresos de la empresa, como parece razonable, teniendo en cuenta su carácter de servicio público y de su financiación, mediante una tasa.

SALARIO NETO MÁS FRECUENTE EMAFESA

DESFASE NETO 15% SALARIO NETO MÁS FRECUENTE SERÍA
1.160 174

1.334

Consecuencia todo esto de: un mal salario inicial, negociación de convenios que nunca lo han corregido, y en los últimos años unos presupuestos generales del estado que como personal al servicio del sector público, nos aplican las congelaciones salariales o limitaciones de subida, bajadas de poder adquisitivo en realidad. En nuestro próximo comunicado trataremos de la ley del embudo.

EL EMBUDO SIEMPRE POR EL LADO ESTRECHO

Sección Sindical CGT Emafesa

 

post

Contra o desaloxo da Insumisa

Ante o violento desaloxo do Centro Social Okupado Autoxestionado "A Insumisa", a CGT da Coruña quere manifestar o seguinte:

  1. a) Declaramos que a chamada "Comandancia de Obras" é un espazo público abandonado durante anos e que foi recuperado polo CSOA "A Insumisa" para o desenvolvemento de actividades para o pobo, sen aproveitamento persoal e sen ánimo de lucro. Non é esta actuación unha usurpación, senón unha okupación lexítima ante a desidia das chamadas institucións.
  2. b) Rexeitamos absolutamente os métodos violentos utilizados pola policía no desaloxo, que provocaron numeros@s ferid@s entre @s presentes nas concentracións de apoio e no propio desaloxo. Neste sentido, amosamos o nosa solidariedade co@s afectad@s.
  3. c) Denunciamos a incapacidade do goberno municipal para atopar solucións pactadas alternativas á xestión institucional e o desaproveitamento dunha oportunidade única para que a xestión do que é de tod@s fose compartida por tod@s e non monopolizada polo poder político.

A Coruña, 29 de maio de 2018

O Comité Local da CGT da Coruña