post

Sindicatos, S.A. no Santander [A Coruña]

Despois da catástrofe que supuxo a sinatura do acordo dun novo ERE no Banco Santander, que afonda na destrución de emprego nun sector moi mermado no número de traballadores nos últimos anos e que atinxe dun xeito especialmente dramático ós menores de 50 anos, na última reunión do Comité de Empresa da Coruña, vivimos un novo episodio esperpéntico pola banda dos sindicatos "palmeiros", máis preocupados por defender os intereses da empresa que os da clase traballadora.

Dende a CGT e a CIG, tentouse por tódolos xeitos legais e negociadores posibles para que nunca se tivese chegado a esta situación. Sempre acudimos ás diferentes reunións con propostas ben elaboradas e realistas que permitisen afrontar este proceso sen que se producisen baixas involuntarias na plantilla. Apelamos ó espírito do Convenio Colectivo vixente que prevé a adopción de medidas de reaxuste diferentes ao despido colectivo para solucionar situacións como as prantexadas pola empresa. O resto dos sindicatos adicáronse a subastar os postos de traballo da plantilla.

Nesta ocasión, e debido a que nos atopamos con que o acordo xa era unha realidade, negociada dun xeito ocultista e fraudulento, a CIG e a CGT, realizamos unha proposta para que o Comité de Empresa actuase unido, coma un todo.

A idea era moi sinxela: como o actual ERE posto en marcha polo Banco Santander coa inestimable colaboración dos sindicatos asinantes (En adiante S.A. curiosas siglas), ten carácter voluntario e, dende RRHH presumiron de que tódolos xestores e xestoras cumprirían escrupulosamente dita voluntariedade, pretendemos que TÓDOLOS MEMBROS DO COMITÉ RESPONDAN CONXUNTAMENTE NA DEFENSA DE CALQUERA COMPAà‘EIR@ (afiliad@ ou non) ao cal non se lle respecte a voluntariedade e que ningún traballador/a, poida ser despedido forzosamente.

Ante a nosa sorpresa, os S.A. decidiron poñerse de perfil ante unha "hipotética" situación de desamparo que sufrira calquera traballador/a:

  • O representante de STS, negouse directamente a defender ós seus compañeir@s.
  • CC.OO, UGT e FITC, decidiron "absterse" ante unha situación de tal gravidade.

Parece ser que só CGT e CIG, nos decatamos da responsabilidade que nos outorgan os nosos cargos.

Dirixímonos a todos vós, compañeir@s, e, en especial, á afiliación de STS, FITC, UGT e CC.OO. Os vosos sindicatos non están dispostos a dar a cara por vós nunha situación de extrema gravidade. NÓS, SI O ESTAMOS!!!!!

Por un sindicalismo verdadeiramente responsable!

A loita polos nosos dereitos é o único camiño. Que ninguna agresión quede sen resposta!!! CGT e CIG ENTENDÉMOLO.

CIG e CGT LOITAMOS POR VÓS!!!!!

Seccións Sindicais de CGT e CIG no Banco Santander