Se tódolos primeiros de maio teñen sentido, este de 2009, con mais motivo, xa que nos, a clase traballadora, de novo sufrimos un apretón na soga das condicións laborais e salariais, xustificándoa o capital pola crise do sistema.
Contratos en fraude de lei, despedimentos, expedientes de regulación de emprego, precarización das condicións laborais, salarios, prestacións, subsidios e pensións que non permiten chegar a fin de mes; non se inventaron nesta crise. A carencia de xustiza social deste sistema sempre permitiu estas situacións e @s traballador@s as coñecemos de sempre, se ben agora, vense agudizadas.
O sistema capitalista é corrupto dende a súa orixe e baseado na explotación da clase traballadora e na opresión. Ca globalización, sobre todo da precariedade e da pobreza, rematou de cavar a súa tumba; máis en vez de querer enterrar o sistema fallido, queren que sexamos, a clase traballadora, quen pague a súa resurrección. Read More