post

 

Concentración 4 de setembro ás 10:00 na porta do arsenal

Carga de traballo xa en toda Navantia! Basta xa de represión e despidos! Polo fin da subcontratación!

Dende principios de agosto os traballadores das au-xiliares de Navantia Puerto Real e San Fernando están loitando por carga de traballo e o cumprimento do convenio. A resposta da patronal foi a represión e os despidos exemplarizantes de Manuel Balber e Jesús Galván, membros da Coordinadora de Traballadores do Metal (CTM) que xunto a CGT son os sindicatos que están mobilizando. Esta resposta da patronal non só non está atemorizando á plantilla senón que está provocando a extensión da loita. O vindeiro 4 de setembro a CTM e CGT convocamos folga xeral de todo o metal da baía, á que xa se sumou a CGT de Airbus, tamén ameazados de despido e que xa amosaron publicamente a súa soli dariedade. Incorporar a novos sectores, unificar loitas, e non dividilas, ten que ser o camiño para aumentar a presión sobre Navantia e a patronal do metal.

Por isto, dende a CGT en Navantia Ferrol nos su-mamos a esta xornada de loita para solidarizarnos cos compañeiros, que están dando un exemplo de como se responde ás agresións patronais, e do camiño que debe mos seguir para defende-los postos de traballo. Tamén facermos nosas ás reivindicacións esixindo carga de traballo para tódalas factorías, o fin da subcontratación e a readmisión dos despedidos.

Hai que rompela estratexia patronal do ‘divide e vencerás"

A ameaza de peche patronal e despidos masivos, lan zada durante os 5 días de folga en Cádiz, demostran o nerviosismo da patronal. Ante a extensión da loita están empregando a vella táctica do ‘divide e vencerás", separar ós traballadores da principal e das auxiliares, coma fixeron na folga de auxiliares de 2017, e enfrontar as plantillas das distintas factorías. A división e o enfrontamento entre traballadores só beneficia á patronal, para laminarnos un a un e encontrar menos resistencia.

A pasada semana saía en prensa que ante a folga que estaba paralizando a produción en Cádiz, Navantia que ría desviar carga de traballo a outras factorías, a ninguén se lle escapa que se referían a Ferrol. A patronal trata de aproveitarse da necesidade de carga de traballo que temos en Ferrol para utilizarnos como esquirois para rompelas mobilizacións. Non podemos permitilo. Fronte a táctica da división impulsada pola patronal, a única resposta ten que ser a unidade e a extensión das mobilizacións de Cádiz a Ferrol baixo as consignas: carga de traballo xa, fin da subcontratación e readmisión dos despedidos en Cádiz.

O comité de empresa debe romper o silencio e poñerse a carón dos traballadores

Se os traballadores están a dar un exemplo de loita, non podemos dicilo mesmo dos comités de empresa de Navantia. A actitude das direccións de CCOO e UGT na baía está sendo un pilar fundamental da estratexia patronal, empezando polo comité de empresa de Puerto  Real cuia presidenta cualificou de "salvaxes" as mobilizacións, sumándose así á campaña de criminalización da loita e comportándose coma voceiro da patronal.

O silencio atronador do comité intercentros e dos comités de empresa das factorías non fan máis que reforzar esta campaña. CCOO e UGT teñen que poñer fin inmediatamente a esta situación; nin un só comunicado ou acto de apoio cara os compañeiros en loita, nin unha soa declaración censurando as palabras e o comportamento antiobreiro do comité de Puerto Real, ningunha referencia ou publicidade desta loita nas fac- torías do grupo. Dende a CGT chamamos ó comité de empresa de Ferrol a dar un xiro de 180 graos, desmarcándose destas declaracións e poñéndose a carón dos traballadores en loita.

Hai que pasar á acción, o 4 de setembro paro e concentración ás 10 h

En Ferrol somos coñecedores e sufridores de tódolos motivos que levaron ás 5 xornadas consecutivas de paro e a vindeira folga do metal: a falta de carga de traballo e a subcontratación coa que os empresarios das auxi- liares parasitan Navantia.

Ambos motivos van da man, a carga de traballo está completamente ligada á defensa dunha Navantia 100% pública, na que acabemos coa subcontratación. Navan tia entrega cada ano centos de millóns de euros de diñeiro público á patronal, mentres condena á maioría dos traballadores á precariedade. Con estes cartos se poderían garantir unhas condicións dignas de traballo, máis emprego e proxectos industriais sólidos e cons- tantes no tempo. Temos que acabar coa subcontrata ción incorporando ás plantillas a Navantia coas mes mas condicións e dereitos.

Por isto dende a CGT convocamos a unha concentración de 10.00 a 10.30 o vindeiro venres 4 de setembro na porta do arsenal coincidindo coa folga do metal de Cádiz, e invitamos ó resto de sindicatos a sumarse á mobilización e a esixir carga de traballo e unhas condicións dignas en tódalas factorías de Navantia, así coma a readmisión inmediata dos compañeiros despedidos en Puerto Real e o fin das represalias.

Sección Sindical Unitaria CGT Navantia-Ferrol




Comparte esta entrada ...