CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/segue-o-conflito-colectivo-en-amarante-setem/ Export date: Thu Nov 21 17:31:02 2024 / +0000 GMT |
Segue o conflito colectivo en Amarante SetemAs centrais sindicais CUT e CGT dan por pechada a negociación coa ONG ante a súa negativa a buscar unha solución consensuada co conxunto das traballadoras. Â Nos últimos meses as centrais sindicais CUT e CGT levamos denunciando o tinte empresarial das prácticas que ven desenvolvendo a Directiva da ONG AMARANTE Setem na súa xestión de persoal. Â Logo do despedimento dunha traballadora no mes setembro e de anunciar a non renovación do contrato doutra compañeira en situación de baixa, a ONG reincide na súa negativa de abordar de forma colectiva a situación de conflitividade laboral que está a ter lugar no seo desta asociación. Fraude contractual, despedimentos arbitrarios, inequidade salarial, illamento das traballadoras son algunhas das prácticas que as centrais sindicais denuncian nesta ONG.
Unha vez máis, ante a vontade amosada polas centrais sindicais de chegar por medio do diálogo a unha solución consensuada que fora beneficiosa para o conxunto das traballadoras, a resposta desta organización pasa por abordar o conflito colectivo dende a lóxica da fractura entre as traballadoras e da negociación individual, reproducindo unha práctica amplamente estendida entre as empresas capitalistas. Ao despedir a súa única traballadora indefinida, a Directiva apostou por eliminar do seu cadro de persoal a traballadora con máis garantías legais e laborais, o que é dicir o mesmo, optou por manter ao persoal sobre o que máis doado é decidir e dirixir debido ao carácter eventual e aos aminorados dereitos dos que dispoñen os compañeiros e compañeiras nesta modalidade de contratación neoliberal. Â A inequidade salarial é outra realidade cotiá na xestión de persoal desta organización. Para as mesmas horas e o mesmo traballo retribúese de forma distinta, ao tempo en que traballadoras que ostentan as mesmas responsabilidades no organigrama presentan categoría profesionais diferentes. Â Aos incumprimentos laborais apuntados anteriormente e ás evidentes incoherencias entre o discurso e praxe dunha organización que levanta a bandeira da defensa dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores do Sur, hai que sumar o silenciamento da voz do conxunto das persoas traballadoras de AMARANTE Setem e o veto á súa participación na toma de decisións que repercuten directamente sobre o seu futuro profesional e vital. Asumindo que a loita sindical debe estar alí onde se detecte calquera atropelo das condicións laborais, as centrais CUT e CGT seguirán defendendo os dereitos das traballadoras desta organización que se autoproclama como "transformadora" coa mesma intensidade coa que actúa ante as agresións de calquera empresa capitalista. |
Post date: 2010-11-19 18:36:52 Post date GMT: 2010-11-19 17:36:52 Post modified date: 2010-11-19 18:36:52 Post modified date GMT: 2010-11-19 17:36:52 |
Export date: Thu Nov 21 17:31:02 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |