CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/sancions-de-ata-dous-meses-en-atento-a-coruna/
Export date: Tue Jul 16 7:53:25 2024 / +0000 GMT

Sancións de ata dous meses en Atento-A Coruña


13332929_2046674798890960_4870010241614758403_n

A CGT quere denunciar a represión sindical que este sindicato está padeiendo no centro de traballo da Coruña, materializada en sancións de 60 días de suspensión de empleo e soldoa tres afiliadas e afiliados- aducindomotivos falsos- además doutra sanción de 4 días a outra afiliada. La gravidade destas sancións é que deixan inxustamente sen cobrar durante dous meses a unstraballadores que, coas súas precarias xornadas e salarios apenas chegan a fin de mes.

Estas sancións coinciden coa continuación, por parte dá CGT, dunhas mobilizacións cuxo fin é poñer freo aos constantes abusos da empresa. Con elas Atento e Telefónica-Movistar pretenden amordazar a unhas traballadoras e traballadores que, cada vez máis cansos das súas condicións laborais, non dubidan en denunciar publicamente as presións, ameazas e acosos que viven día a día. Atento non quere que se coñezan as malas artes que utiliza; co beneplácito de Telefónica-Movistar obriga a cometer ilegalidades aos seus traballadores e traballadoras para conseguir unha venda no departamento comercial e penaliza a aqueles que rexistran avarías no servizo técnico. Todo vale para que estas empresas sigan aumentando os seus beneficios, aínda que sexa maltratando aos usuarios e usuarias e explotando ao seu persoal.
Non é a primeira vez que Atento pretende frear a loita que este sindicato mantén para a consecución dunhas condicións laborais dignas, pero non van parar as actuacións dos traballadores. Para esixir o cesamento desta represión e a retirada inmediata das sancións impostas, a CGT inicia unha campaña de mobilizacións sen data determinada de fin

Sección Sindical Atento A Coruña


.
Post date: 2016-06-17 17:25:59
Post date GMT: 2016-06-17 16:25:59

Post modified date: 2016-06-17 17:25:59
Post modified date GMT: 2016-06-17 16:25:59

Export date: Tue Jul 16 7:53:25 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com