CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/s-traballadors-de-atento-volven-a-loita/ Export date: Wed Dec 25 14:31:04 2024 / +0000 GMT |
@s traballador@s de Atento volven á loitaAtento e Movistar queren partir a vida a 1000 traballador@s A pasada semana Atento iniciou un proceso de modificación das condicións de traballo que afectará a máis de mil traballadores e traballadoras en todo o estado; os cambios supoñen perda de salario, cambios á quenda partida en persoas que recorren ao pruriemprego para poder ter salarios que lles permitan subsistir e así non van poder facelo, quendas de ata 9 días de traballo seguidos cada dúas semanas... todas estas salvaxes alteracións coa única escusa de que Movistar vai reducir o seu horario de atención comercial tres horas ao día. No centro de traballo da Coruña a modificación afecta a 52 compañeir@s, das que máis da metade teñen a súa xornada reducida por coidado de familiar, e ás que a empresa pretende impoñer quendas partidas, desde as 11 ata as 20 horas, incluídos sábados e domingos, o que impide calquera forma de conciliación. A CGT sostén que a escusa de Movistar e Atento é falsa e esconde un intento de levar a cabo centos de despedimentos de traballador@s, asignándolles horarios que saben que non poden asumir e así obrigarlles a deixar os seus postos de traballo. Para esixir a retirada destas modificacións a CGT convoca paros (apoiados por CIG) de dúas horas por quenda este mércores 26, e de 24 horas os días 28 e 31 de outubro. Este mércores 26, ás 12 horas, coincidindo co paro da quenda de mañá, CGT convoca CONCENTRACIÓN diante da tenda de Movistar (Praza de Pontevedra *nº 11). Sección Sindical da CGT en Atento - A Coruña |
Post date: 2016-10-24 17:25:39 Post date GMT: 2016-10-24 16:25:39 Post modified date: 2016-10-24 17:25:39 Post modified date GMT: 2016-10-24 16:25:39 |
Export date: Wed Dec 25 14:31:04 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |