O día 3 de marzo celebráronse unhas novas eleccións sindicales en Adif e Renfe Operadora. Os compañeiros e compañeiras do Sector Ferroviario da CGT de Galicia renovaron o apoio dos traballadores e traballadoras ferroviarias á labor sindical combativa, de clase, e de firme defensa dun ferrocarril público e social que veñen desenvolvendo dende xa hai anos.
Logo deste proceso electoral, a CGT contará con representación nos catro comités provinciais e contará con 8 delegados e delegadas (fronte aos 6 delegados/as cos que contaba ata o de agora), que se reparten como segue:
Na Coruña, a CGT terá un delegado en Renfe e outro en ADIF, o mesmo resultado que na provincia de Pontevedra. En Ourense, haberá dous delegados da CGT por ADIF e un por Renfe, mentres que en Lugo, haberá un delegado da CGT por ADIF.
A nivel de todo o estado, a CGT aumenta os votos pasando dun 12,5% a un 15,5%, converténdose na terceira forza sindical en Adif. En Renfe, a CGT mantén a súa representatividade, constituíndo a única alternativa real aos sindicatos institucionalizados e corporativos.
A CGT tendrá 2 representantes no Comité Xeral (CG) de ADIF e 2 representantes no Comité Xeral de Empresa (CGE) de Renfe Operadora.
Mais info: Páxina de Facebook do Sector Ferroviario da CGT de Galicia. (https://www.facebook.com/sectorferroviario.cgtgaliza )