CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/represion-sindical-en-extel-na-coruna/
Export date: Wed Jul 17 16:40:14 2024 / +0000 GMT

Represión sindical en Extel na Coruña


A compañeira Sandra, traballadora do departamento de Atención Norte da empresa do telemarketing EXTEL, afiliada á CGT e membro do Comité de Empresa ten sido fulminantemente sancionada pola empresa, con suspensión de emprego e soldo de 15 días, imputándolle unha falta moi grave dacordo co artigo 67.10 do Convenio colectivo de Contact Center ("malos tratos de palabra o de obra, falta grave de respeto y consideración…").

manicgtcorunaNa notificación entregada á nosa compañeira, a empresa acusalle de cometer tales feitos nunha chamada que atendeu. Unha de tantas chamadas que os traballadores e traballadoras de Extel atenden diariamente, e unha conversa que todos e todas podemos chegar a manter cun cliente (tendo en conta o enfadados e enfadadas que chaman os clientes moitas veces e a presión a os traballadores e traballadoras a fin de que corten o antes posible para non pasarse do tempo establecido), na que en ningún caso a nosa compañeira falta ao respecto ou incumple operativa algunha. É evidente que a compañeira Sandra non cometeu ningunha falta, limitouse a atender a un cliente enfadado do mellor xeito que puido. É unha sanción inxusta e agocha un intento de taparlle a boca non só á compañeira, seno a toda a CGT na empresa, cousa que en ningún caso van a acadar.

A CGT vai a continuar exercendo a súa actividade sindical e a súa liberdade de expresión pese a quen lle pese, denunciando a presión e a precariedade á que estan sometidos os traballadores e traballadoras. Imos a seguir organizándonos para loitar contra esta despreciable multinacional. Extel y Adecco son expertos en traballo basura e en exercer violencia sistemáticamente contra os seus traballadores e traballadoras con sancións inxustas, acoso, precarias condicións laborais, despedimentos improcedentes e un longo etcétera de penurias. A solidariedade e o apoio mutuo de todos e todas é o único camiño para porlles freo.

Mais información no blogue da CGT en Extel na Coruña 1

Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña

Links:
  1. http://cgtextelcoruna.blogspot.com.es/
Post date: 2014-10-31 20:39:05
Post date GMT: 2014-10-31 19:39:05

Post modified date: 2014-10-31 21:28:45
Post modified date GMT: 2014-10-31 20:28:45

Export date: Wed Jul 17 16:40:14 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com