A concesionaria despide a unha afiliada a CGT e expedienta a outros dous
A finais do mes de agosto comezaba a facerse patente unha campaña dirixida á eliminación da sección sindical da CGT en CONYCASE, unha empresa integrada dentro do grupo NUARIA. Actualmente, Conycase é a empresa concesionaria de tres parkings subterráneos na cidade de Vigo (Pza. de Fernado «El Católico», Rúa Coruña e Rúa Venezuela).
O grupo empresarial Nuaria, ou o que queda del, (tan so duas empresas das sete que o integraban) é propiedade do famoso empresario Manuel Núñez Arias. Como se lembrará este empresario saltou aos medios de comunicación de todo o estado a finais de 2007 cando foi detido pola Garda Civil na chamada Operación Tótem contra as mafias inmobiliarias no concello de Totana, en Murcia. De feito, a operación urbanística na que está implicado foi definida por un concelleiro de Totana como «unha recualificación masiva, salvace e a dedo», poñendo de manifiesto que «viu acompañada dunha serie de centos de contratos de compra venda que se estaban facendo a través de intermediarios e unha política de presións e ameazas», non dudando de cualificala como, «máis parecida ás tácticas mafiosas que ás da España democrática do século XXI».
Pois ben, agora este empresario modelo parece estar empeñado na venda de CONYCASE e para que os ingresos por esta venda sexan máis suculentos élle imprescindible que se produza libre de traballadores.
Hai que lembrar que grazas á acción da Confederación (dende hai máis de 8 anos e ata o mes de agosto o delegado de persoal era afiliado á CGT), as condicións laborais dentro da empresa eran as mellores dentro do sector na nosa cidade (subrogación de traballadores en caso de venda, escasa eventualidade, imposibilidade de contratación de subcontratas no persoal).
As manobras empresariais comezaron a finais de xullo cando un grupo de traballadores, sorpresivamente, asinan unha convocatoria de asemblea encamiñada á revocación do delegado sindical da CGT elixido había dous anos. Os representantes da CGT nesta asemblea intentaron facer ver aos traballadores/as que a revocación do delegado só beneficiaba á empresa, ao deixar o camiño libre para, primeiro despedir aos afiliados á CGT e posteriormente a toda o o cadro de persoal. Desgraciadamente a asemblea, influída por destacados líderes do sindicato (¿?) CC.oo., votou maiotariamente contra o delegado de CGT, quedando así revocado. O primeiro paso da empresa estaba dado e se inicia o acoso á sección sindical de CGT.
En menos de 20 días unha afiliada á CGT recibe unha carta de despido (por cierto, e para máis inri, nun ton insultante). Seis días despois se lle comunica a outro afiliado a imposición dunha falla disciplinaria moi grave e ao día seguinte é expedientado o que fora delegado de persoal pola CGT.
A intención da empresa é clara: eliminar a todas aquelas persoas capaces de impedir os seus plans mediante a acción sindical de base, sen compadreos nen escuros acordos ás costas dos traballadores, mediante o despido (pactado ou non), para que a empresa compradora poida subcontratar a novos traballadores eventuais sin nengún dereito. Si CGT desaparece da empresa, ésta non terá ningunha oposición para lograr os seus planes.
Para dar resposta a estes gravísimos feitos se están a organizar concentracións tanto na sede da empresa como nos distintos parkings repartidos pola cidade, como primero paso na defensa dos/as compañeiros/as e en defensa da libertade sindical.