RENFE e ADIF planean o peche da venda de billetes en 7 cidades galegas
Cando o Sector Ferroviario de CGT-Galiza, tivo coñecemento das intencións das empresas RENFE-Viaxeiros e ADIF de deixar de dar servizo de venda de billetes nas estacións galegas onde esta función está sendo feita por persoal de Circulación (Guillarei, Ribadavia, Sarria, O Carballiño, A Rúa e O Barco), puxemos en marcha unha campaña de denuncia ante os medios de comunicación, Concellos, veciños, Grupos políticos e Xunta de Galiza, informando das intencións empresariais e requirindo dos veciños e de todas as institucións a defensa dos servizos de venda de billetes nestas estacións ferroviarias intermedias.
Esta campaña está a dar os seus primeiros resultados e Concellos como o de A Rúa e Sarria xa comezaron a mobilizarse contra os recortes dos servizos ferroviarios, concentrándose os veciños destas vilas e facendo unha viaxe reivindicativa dende A Rúa ata O Barco, onde participaron preto de 500 veciñ@s. https://goo.gl/ZjTNj6.
ADIF está a negociar con RENFE como trasvasar a venda de billetes nas estacións de todo o estado español, que agora fai persoal de ADIF pra que a partir do ano que ven estes traballos de venda de títulos de transportes e información aos viaxeiros sexan xestionados e feitos por RENFE-Viajeros S.A.
Así ADIF ten previsto pasar a RENFE-Viaxeiros o persoal comercial de venda de billetes e información das estacións galegas de Ferrol, Coruña-San Cristobal, Santiago, Ourense, Monforte, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar e Vigo-Urzaiz, en total 82 traballadores e traballadoras en Galiza e 836 en todo o estado, na estimación dada a coñecer a representación sindical.
Nesta previsión, nin RENFE nin ADIF están a incluír a venda de billetes/atención aos viaxeiros en estacións onde este traballo é realizado por persoal de Circulación, non de comercial, xa que en algunha delas compatibilízanse os traballos de venda de billetes e atención aos viaxeiros, cos de xestión das circulacións ferroviarias, como é as estacións de Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rua e Ribadavia onde os traballadores adscritos a esta estación fan labores de xestión do trafico ferroviario e venda de billetes de longa e media distancia, facturando importantes cantidades de cartos o mes, xa que atendese á poboación de bisbarras como do Baixo Miño (Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, Ponteareas e incluso cidadans de Portugal), Valdeorras, Carballiño e cidades tan importantes dende o punto de vista turístico, como Sarria, que recibe a moitísimos peregrinos que comezan aquí o Camiño de Santiago.
Por elo o Sector Ferroviario de CGT–Galiza denuncia as intencións de RENFE e ADIF de pechar a venda de billetes e información nestas estacións neste 2017, deixando a importantes núcleos de poboación sen o servizo presencial de información e venda de billetes, ademais de supoñer o peche das estacións que quedarían en algúns casos sen persoal.
Os traballadores destas estacións atenden unha importante cantidade de viaxeiros e recadan cantidades considerables de cartos que dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza entendemos xustifican que se manteñan abertas cara o público, garantindo un servizo ferroviario de calidade os usuarios galegos. Os datos con que contamos en CGT-Galiza son os seguintes:
Estación | Nº Billetes vendidos ano | Media recaudación mes por venda billetes | Viaxeiros orixen e destino |
O Carballiño | 19.367 | 12.625 € | 35.252 |
A Rua Petín | 10.229 | 12.933 € | 22.504 |
O Barco Valdeorras | 14.200 | 15.614 € | 37.823 |
Sarria | 5.436 | 9.045 € | 35.534 |
Guillarei | 5.813 | 10.101 € | 20.812 |
Redondela | S.D. | S.D. | 37.702 |
Ribadavia | 1.052 | 350 € | 8.003 |
TOTAL | 56.097 | 60.668 € | 197.630 |
En total deixaríase de atender a mais de 50.000 persoas que o cabo do ano van a mercar billetes a estas estacións galegas, e uns 197.000 viaxeiros que o ano utilizan estas estacións como orixe ou destino, non terían persoal de información e venda a quen dirixirse, si os plans de RENFE-Viaxeiros e ADIF lévanse a efecto, como semella que vai ocorrer.
Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza continuaremos loitando pola defensa dos postos de traballo, contra os recortes nos servizos ferroviarios de venda de billetes e atención aos uxuarios en Galiza e, en defensa dun ferrocarril publico, social e de calidade, denunciando ante a sociedade os plans de recortes de servizos nas estacións galegas que planean RENFE e ADIF, propoñendo iniciativas que esixan o mantemento dos postos de traballo e dos servizos presenciais que agora existen de venda de billetes e atención os viaxeiros e viaxeiras en Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rua e Ribadavia.
Un resumen das novas aparecidas nos xornais galegos en: https://goo.gl/nOg1n3
CGT de Galicia