CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/remata-o-xvii-congreso-confederal-da-cgt/ Export date: Sat Nov 23 18:11:37 2024 / +0000 GMT |
Remata o XVII Congreso Confederal da CGT na CoruñaO sindicato aprobou no seu Congreso Confederal que se celebra na Coruña non participar nos cursos de formación subvencionados, fronte ao modelo 'burocratizado' de CC OO e UGT O próximo 24 de outubro, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) sairá á rúa contra a reforma das pensións e pola defensa de pensións dignas e suficientes para todos/ás, nunha xornada de loita en todo o estado español. O mesmo día en que secundará a Folga Xeral convocada en todo o sector educativo, contra a LOMCE. Este mes de outubro, a CGT irá á folga ademais no ferrocarril, contra a división de Renfe e Adif, os días 28, 29, 30 e 31. Trátase dunha serie de mobilizacións nas que o sindicato participa xunto a outras organizacións sindicais e sociais coas que comparte obxectivos fronte á agresión das políticas do Goberno e da Troika. Precisamente, a confluencia con estas organizacións afíns, tanto a nivel nacional como internacional, é un dos puntos que se debaten nesta segunda xornada congresual, onde se acordou rexeitar as subvencións por parte de organismos públicos nos cursos de formación. A CGT desmárcase así do modelo burocratizado dos sindicatos CC OO e UGT, na actualidade implicados en casos de corrupción, como os EREs en Andalucía. A xuíza Alaya admitiu finalmente a personación particular do CGT neste caso, que tamén compareceu no caso Bárcenas. Neste XVII Congreso participaron uns/ás 450 delegados/ás da CGT de todo o territorio, que conta con máis de 80.000 afiliados/ás e uns cinco mil delegados/ás en todo o estado. O sábado seguiron debaténdose as liñas de acción sindical e social dos próximos catro anos. CGT convocou a mais de medio milleiro de persoas nunha Manifestación na Coruña baixo o lema 'Construíndo a autoxestión', como alternativa ás continuas agresións do capital. A marcha saiu ás 20 horas dende a praza de María Pita e rematou na de Pontevedra. Hoxe domingo, na clausura, elixiuse o novo secretario xeral, cargo para o que se presentou unha soa candidatura, a do representante sindical do sector ferroviario José Manuel Muñoz Poliz. |
Post date: 2013-10-20 15:00:15 Post date GMT: 2013-10-20 14:00:15 Post modified date: 2013-10-20 10:25:15 Post modified date GMT: 2013-10-20 09:25:15 |
Export date: Sat Nov 23 18:11:37 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |