PORQUE O CONVENIO É DE TODOS CAMPAà‘A DE RECOLLIDA DE SINATURAS

Dende o inicio da negociación, se algo está a quedar claro é que na actual Mesa de Negociación non estamos presentes os traballadores. Nin tan sequera os nosos representantes, elixidos nas ultimas eleccións sindicais.

Nesta Mesa atópanse dun lado a empresa e os seus, e enfronte tres centrais sindicais. A representación de todos os traballadores, no actual sistema de eleccións sindicais, tena o Comité de Empresa. As centrais sindicais representan os seus afiliados, como eles mesmos demostraron ao levar a aprobación dos seus anteproxectos só a asemblea de afiliados.

Para a Sección Sindical da CGT, non é admisible esta división á hora de iniciar a negociación. O Comité sen dúbida atópase lastrado pola presencia dos membros do SITC, mais ¡so non debería ser escusa dabondo para que o resto dos integrantes non actuasen dun xeito unitario. Esta postura egoísta esta a beneficiar os intereses da empresa, que non atopa resistencia ás súas propostas.

Aínda é posible bitar para acadar unhas mellores condicións de trabalio. Pero para bogralo teñen que contar con todos nós. Temémonos que este vai ser un Convenio negociado e asinado por uns poucos sen ~a participación directa do colectivo obreiro.

A CGT, consciente de que a acción sindical non esta só nas octavillas, inicia hoxe unha campaña de recollida de sinaturas. O seu fin é recuperar a Negociación Colectiva coma un instrumento dos traballadores e traballadoras:
• Se ti tamén ves necesario a unidade das centrais sindicais de clase, asina.
• Se ti tamén ves necesaria unha negociación transparente e na que conten con todos, asina.
• Se ti tamén ves necesario un Convenio asinado co beneplácito do colectivo, asina.
Esiximos asembleas conxuntas e abertas durante a negociación e antes da sinaturade calquera acordo. Asambleas nas que se dea información veraz do tratado nas reunións coa empresa e nas que se escoite a opinión dos traballadores.

POR UN CONVENIO TRANSPARENTE, PARTICIPATIVO E SOLIDARIO

 

para descargar cupón de firma pincha aquí

 

Sección Sindical de CGT en PSA Peugeot-Citrà¶en

Comparte esta entrada ...