CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/psa-citroen-a-xustiza-nos-da-a-razon/
Export date: Tue Jul 16 7:26:15 2024 / +0000 GMT

PSA-CITRà–EN- A Xustiza nos da a razón


Os traballadores non poden ser discriminados por o tipo de contrato

Como xa dixemos en máis dunha ocasión, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) é contraria a recorrer a "entes" alleos para solucionar os problemas. Máis nalgunhas ocasións non nos queda máis remedio que recorrer a Xustiza, ou mellor dito os Tribunais de Xustiza. A defensa dos intereses dos traballadores en ocasións obríganos a este tipo de actuacións.

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo, en PSA Peugeot-Citrà¶en, acaba de gañar unha demanda contra a empresa pr a aplicación do artigo 37 "Complemento de Antigà¼idade".

A Sala do Social número 5 de Vigo, seguindo a doutrina do Tribunal Supremo, estima na totalidade a demanda presentada por un afiliado a este Sindicato. E establece co plus de antigà¼idade debe computarse e aboarse dende a sinatura do contrato eventual, aínda que entre contrato e contrato exista unha interrupción máis o menos longa. Así mesmo recoñece o dereito do traballador a cobrar as cantidade económicas deixadas de percibir no último ano (as reclamacións económicas prescriben ao ano).

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo (CGT) valora moi positivamente esta sentencia, por as consecuencias favorables que vai ter para a maior parte da plantilla. A Xuíza establece ca antigà¼idade debe computarse e aboarse por todo o tempo de traballo para a empresa, sen ningunha discriminación por o tipo de contrato.

Os eventuais, tras o retroceso que significou a nova categoría de entrada, con esta sentencia dan un paso máis deica a súa considración coma traballadores de "primeira", cos mesmos dereitos cos indefinidos.

Pero tamén os indefinidos vanse ver favorecidos por esta sentencia, pis a maioría antes de sinatura do contrato indefinido pasan por unha serie máis o menos longas de contratos eventuais.

De momento esta sentencia só afecta o traballador demandante, pero dende a CGT non pararemos ata que esa interpretación lle sexa aplicada o conxunto da plantilla. Para calquera dúbida contactade con nos.



¡¡NON TE LAMENTES!!
ORGANIZATE, PARTICIPA E LOITA
UNETE A CGT
Post date: 2008-10-06 12:33:50
Post date GMT: 2008-10-06 11:33:50

Post modified date: 2008-10-06 12:34:52
Post modified date GMT: 2008-10-06 11:34:52

Export date: Tue Jul 16 7:26:15 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com