Os traballadores non poden ser discriminados por o tipo de contrato

Como xa dixemos en máis dunha ocasión, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) é contraria a recorrer a «entes» alleos para solucionar os problemas. Máis nalgunhas ocasións non nos queda máis remedio que recorrer a Xustiza, ou mellor dito os Tribunais de Xustiza. A defensa dos intereses dos traballadores en ocasións obríganos a este tipo de actuacións.

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo, en PSA Peugeot-Citrà¶en, acaba de gañar unha demanda contra a empresa pr a aplicación do artigo 37 «Complemento de Antigà¼idade».

A Sala do Social número 5 de Vigo, seguindo a doutrina do Tribunal Supremo, estima na totalidade a demanda presentada por un afiliado a este Sindicato. E establece co plus de antigà¼idade debe computarse e aboarse dende a sinatura do contrato eventual, aínda que entre contrato e contrato exista unha interrupción máis o menos longa. Así mesmo recoñece o dereito do traballador a cobrar as cantidade económicas deixadas de percibir no último ano (as reclamacións económicas prescriben ao ano).

A Sección Sindical da Confederación Xeral do Traballo (CGT) valora moi positivamente esta sentencia, por as consecuencias favorables que vai ter para a maior parte da plantilla. A Xuíza establece ca antigà¼idade debe computarse e aboarse por todo o tempo de traballo para a empresa, sen ningunha discriminación por o tipo de contrato.

Os eventuais, tras o retroceso que significou a nova categoría de entrada, con esta sentencia dan un paso máis deica a súa considración coma traballadores de «primeira», cos mesmos dereitos cos indefinidos.

Pero tamén os indefinidos vanse ver favorecidos por esta sentencia, pis a maioría antes de sinatura do contrato indefinido pasan por unha serie máis o menos longas de contratos eventuais.

De momento esta sentencia só afecta o traballador demandante, pero dende a CGT non pararemos ata que esa interpretación lle sexa aplicada o conxunto da plantilla. Para calquera dúbida contactade con nos.

¡¡NON TE LAMENTES!!
ORGANIZATE, PARTICIPA E LOITA
UNETE A CGT

Comparte esta entrada ...