post

 

Acto de presentación en Pontevedra do proxecto Web "Ricardomellacea.info", organizado polo Comando Ricardo Mella. O acto terá lugar na Sala VerSus (r/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12), este xoves, 13 de decembro, ás 19:00h, Interveñen: Iria (autora) e J. Ángel Maquieira (presentación). Proxección en directo do espazo web.

O Tema da web: En 1936 a Guerra Civil paralizou o proxecto de editar a Obra Completa do anarquista vigués Ricardo Mella Cea (Vigo, 1861 – Vigo, 1925). Ricardo Mella é un dos principais intelectuais e organizadores do pensamiento e a acción anarquistas, en Galicia e o mundo. Os seus escritos, ensaios e obra militante foi difundida por todos os continentes, traducida a decenas de linguas, que acadaron unha grande influencia mundial no despertar do movimiento obreiro internacional. O proxecto "ricardomellacea.info" tenta cooperar para que poida cumprirse o proxecto editorial da Obra Completa de Mella en papel, música, teatro, pintura, cine, poesía ou máis alá!

 

Comité Local CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...