CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/primeiro-de-maio-na-coruna-cronica/
Export date: Sun Dec 22 22:02:40 2024 / +0000 GMT

Primeiro de Maio na Coruña - Crónica


Unhas oitocentas persoas percorreron as rúas da Coruña na manifestación do Primeiro de Maio convocada, entre outras organizacións, pola CGT e pola CUT.

A manifestación estivo moi animada durante o percorrido e déronse berros contra a Europa do Capital e contra o capitalismo, entre outras consignas máis coñecidas, que foron reiteradas a coro masivamente.

Este ano o percorrido non rematou onde era habitual, senón no Campo da Leña (oficialmente, praza de Eapaña), na que se leu o manifesto conxunto. Unha vez lido o manifesto, no mesmo Campo da Leña, a CGT organizou un concerto no que participou o grupo "Os Tres Trebóns", que amenizou musicalmente o ambiente durante unha hora.

Como todos os anos, no local sindical celebrouse un xantar de confraternización.

Comité Local da CGT da Coruña

Post date: 2016-05-01 14:16:43
Post date GMT: 2016-05-01 13:16:43

Post modified date: 2016-05-01 14:17:02
Post modified date GMT: 2016-05-01 13:17:02

Export date: Sun Dec 22 22:02:40 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com