Unhas oitocentas persoas percorreron as rúas da Coruña na manifestación do Primeiro de Maio convocada, entre outras organizacións, pola CGT e pola CUT.
A manifestación estivo moi animada durante o percorrido e déronse berros contra a Europa do Capital e contra o capitalismo, entre outras consignas máis coñecidas, que foron reiteradas a coro masivamente.
Este ano o percorrido non rematou onde era habitual, senón no Campo da Leña (oficialmente, praza de Eapaña), na que se leu o manifesto conxunto. Unha vez lido o manifesto, no mesmo Campo da Leña, a CGT organizou un concerto no que participou o grupo «Os Tres Trebóns», que amenizou musicalmente o ambiente durante unha hora.
Como todos os anos, no local sindical celebrouse un xantar de confraternización.
Comité Local da CGT da Coruña