post

 

Navantia publicou onte, martes 27, as listas provisorias da 3ª proba (exame teórico-práctico) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019.

Só se publicaron as listas de seis especialidades. Outras tres (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) quedaron pendentes.

A causa disto é que entre os APROBADOS destas tres especialidades hai persoas que na 2ª proba (test psicotécnico) obtiveron un resultado que a empresa calificou como "llamativo". (O que non se sabe é que lle chama a atención, aínda que nolo podemos imaxinar).Navantia pretende que, antes de decidir se lles dá unha praza ou non, estas persoas teñan que pasar porunha entrevista persoal.

A CGT rexeita totalmente toda proba de acceso NON OBXECTIVA (tests de personalidade, entrevistas persoais…).

O que pretende Navantia é trasladar ás prazas de operarios e empregados o modelo de selección SUBXECTIVO, ARBITRARIO E SEN TRANSPARENCIA que utiliza historicamente nas prazas de técnicos superiores, tamén nas que están saíndo nos últimos meses.

Ademais,neste caso concreto a entrevista persoal representaría unha violación das bases da convocatoria porque non está contemplada nas mesmas.

A pretensión de Navantia equivale tamén a aplicar retroactivamente o resultado da 2ª proba… a persoas que xa fixeron e aprobaron a 3ª. IMPRESENTABLE!!!

Esiximos a PUBLICACIÓN INMEDIATA DAS LISTAS PENDENTES E A CONTINUACIÓN DO PROCESO.

Isto non pasaría se CCOO, MAS e UGT, que constitúen a maioría sindical do comité de empresa, en vez de aceptar, como fixeron, esta aberración, defendesen uns procesos de selección baseados exclusivamente en probas obxectivas e nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Non facelo significa que as cousas poden descorrer por canles non previstas, como xa lles pasou con toda a argallada do baremo e a nota de corte da 1ª proba.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol




Comparte esta entrada ...