CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/prazas-de-navantia-isto-e-impresentable/ Export date: Thu Jan 30 21:43:46 2025 / +0000 GMT |
Prazas de Navantia: isto é impresentableNavantia publicou esta mañá as listaxes de admitidos e non admitidos nas prazas de operarios e empregados sénior 2019. O xoves pasado, nunha xuntanza da Comisión de Emprego, decidiuse pedirlle á empresa que, antes de publicalas, entregase as listaxes ó comité, para poder revisalas e, no seu caso, facer un cribado de comprobación, como se fixo tanto nas prazas júnior coma nas de universitarios sénior. A empresa negouse. MAS e CCOO aceptaron a negativa. Por que Navantia négase agora a facer o que se fixo noutras convocatorias? Por que MAS e CCOO, no canto de esixir o mesmo ca noutras prazas, aceptaron esa negativa? Por que impediron que todo o comité fixese unha revisión antes da publicación? A maiores, as listaxes seguen tendo toda unha serie de eivas. É impresentable que siga sen especificarse os motivos concretos da non admisión. Non abonda con dicir "documentación incompleta"; hai que especificar que documentos faltan. Máis grave. Despois de que tanto a empresa como CCOO e MAS mantivesen paralizadas as convocatorias durante meses, agora teñen tanta, tanta présa, que o prazo de reclamacións VIOLA AS BASES da convocatoria, que establecen tres días. As listas provisorias de aprobados na 1ª proba das prazas júnior publicáronse o venres 31 de xullo de 2020. Cal foi o período de reclamacións? Das 00:00 h. do luns 3 de agosto ás 23:59 h. do mércores 5. Agora o prazo comezou hoxe mesmo e rematará ás 11:59 h. do Xoves Santo. Se chega a aplicarse o mesmo criterio, o prazo comezaría ás 00:00 do martes 30 e remataría ás 23:59 h. do martes 6 de abril. Non só dificultan as reclamacións non informando dos motivos concretos e publicando as listaxes no medio da Semana Santa, senón que na práctica reducen, con festividade e alevosía, o prazo para reclamar. Por que queren dificultar as reclamacións? A CGT esixe: 1) QUE TÓDOLOS SINDICATOS POIDAMOS COMPROBAR O QUE ESTIMEMOS OPORTUNO. 2) PUBLICACIÓN POSTERIOR DUNHAS NOVAS LISTAXES PROVISORIAS QUE INCLÚAN TÓDOLOS MOTIVOS CONCRETOS DA NON ADMISIÓN. Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia - Ferrol |
Post date: 2021-03-29 10:21:00 Post date GMT: 2021-03-29 09:21:00 Post modified date: 2021-03-30 10:32:06 Post modified date GMT: 2021-03-30 09:32:06 |
Export date: Thu Jan 30 21:43:46 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |