post

 

A semana pasada saíu publicado que Navantia convocará antes de final de ano novas prazas de ingreso nas factorías de Fene e Ferrol.

  • Prazas de operarios-empregados sénior: Estamos a unha semana da data fixada para o primeiro exame (xoves 21), que se celebrará case un ano despois do período de inscrición, a consecuencia, entre outras cousas, da anulación das primeiras listas provisorias polas irregularidades cometidas por Navantia na súa elaboración.
    Pero a pesar de que hai xa máis de quince días que se decidiu que habería dous horarios de exame (a fin de garantir que as persoas inscritas en dúas profesións poidan examinarse de ambas, como a CGT reclamou insistentemente), Navantia aínda non fixo públicos cales van ser eses horarios nin que profesións se examinarán en cada un deles. Isto é unha total falta de consideración coas persoas que se van examinar, que se merecen algo máis de respecto.
    Hai persoas que terán que pedir permiso no traballo. Hai persoas que virán de fóra da comarca. ¿Non se merecen saber se o seu exame vai ser a primeira hora ou a media mañá? A que espera Navantia para publicalo? Por que o mantén oculto? Xa de paso, non estaría de máis que anunciase tamén o lugar das probas.
  • Prazas de bombeiros (técnicos de emerxencias): O total de inscritos foron 118 (76 nas prazas júnior e 42 nas sénior). O prazo de inscrición rematou hai seis semanas. Vai sendo hora de que a empresa publique a lista provisoria de admitidos e non admitidos, para que o proceso poida continuar.

No canto de facer filtracións interesadas sobre convocatorias futuras, mellor sería que Navantia se ocupase de axilizar as convocatorias que están en marcha, que na ría de Ferrol avanzan a paso de tartaruga a consecuencia do boicot abertopor parte da empresa.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol




Comparte esta entrada ...