O pasado sábado, día 19, tivo lugar na Coruña a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade. Nela interviron as plataformas comarcais e público en xeral, facendo as organizacións unha pequena intervención de dous minutos. O representante da CGT fixo a seguinte intervención:

A Confederación Xeral do Traballo, CGT de Galicia, comparte con esta Asamblea a necesidade de impulsar a organización das comarcas e plataformaslocais e reforzar a súa capacidade de decisión, respetando as súas iniciativas.
En segundo lugar, a función das Marchas da Dignidade é a movilización social permanente e non a intervención ou participación institucional, directa ou indirecta.
Terceiro: "Pan, Traballo, Teito e Dignidade" é un lema que une a centos de organizacións e a millóns de persoas en todo o Estado. Entendemos que este lema sintetiza ben o que somos, o que queremos ser, e a nosa vontade reivindicativa e de loita. Non é doado cambiar este lema dun día para outro. Por outra banda, non se poden confundir os lemas coas reivindicacións, que sí están ben expresas no manifesto unitario.

En cuarto lugar, a CGT considera necesario manter o calendario de movilizacións previsto en Galicia para este mes de outubro: manifestacións nas sete cidades galegas e, finalmente, todos xuntos a Compostela.

Secretariado Permanente da CGT de Galicia

Comparte esta entrada ...