Entre as moitas desfeitas e irregularidades cometidas pola dirección de Navantia nos procesos de convocatoria de prazas de novos ingresos, unha das máis escandalosas foi a exclusión dunha aspirante ás prazas de universitarios júnior 2019 por "exceso de madurez persoal e exceso de coñecemento profesional". Isto é especialmente grave nunha empresa pública, que debería rexerse por un principio de non discriminación.
A excluída presentou unha demanda, cuxo xuízo inicialmente se fixou para o pasado marzo e que agora está previsto para mañá xoves 21 de outubro ás 12:15 en Ferrol.
Para reivindicar uns procesos de ingreso en Navantia obxectivos, transparentes e xustos, a CGT realizará unha:
Concentración diante dos Xulgados de Ferrol
Xoves 21 de outubro ás 12:00 h.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol