IMG_0663Onte, 29 de xullo, ás 20:00 horas, militantes da CGT de Pontevedra realizaron na céntrica Praza da Peregrina, un Punto informativo, con exposición de tres paneis explicativos e reparto de panfletos, para ofrecer unha resposta, sindical e colectiva, ás intencións do goberno de desmantelar o sistema público de pensións e de modificar tanto os requisitos como os sistema de cálculo das pensións futuras, así como a desaparición do custo da vida como factor a ter en conta para a súa revalorización.
Decenas de persoas achegaronse ó Punto Informativo para debatir cos militantes da CGT de Pontevedra sobre a información aportada nos paneis e, así mesmo, cerca dun millar de transeuntes recibiron en man a documentación preparada polo Sindicato, animando a mobilización. Esta mesma acción repetirase, a principios de setembro, en outros barrios de Pontevedra e na comarca de Arousa. Polo reparto do traballo e da riqueza,
¡A loita da CGT contra a política económica e social do goberno continúa!

CGT Pontevedra-Arousa

Comparte esta entrada ...