CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/por-un-1o-maio-unitario-en-pontevedra/ Export date: Fri Jan 31 1:49:21 2025 / +0000 GMT |
Por un 1º Maio unitario en PontevedraO pasado 3 de abril a CGT de Pontevedra remitiu un escrito ós secretarios locais de CC OO, CIG, CNT e UGT para a celebración unitaria da manifestación do 1º de Maio, en base á reivindicación común, expresada na Folga Xeral, de retirada da Reforma Laboral. Este é o texto da carta remitida: "Compañeiros: O pasado día 29 de marzo coincidimos todas as Centrais Sindicais de clase en convocar, para ise día, unha Folga Xeral contra a Reforma Laboral que nos impón o governo. Xa pasaron cinco días e o governo segue sen amosar ningún sinal de derogación do Decreto-Lei que impuxo a Reforma. Nestas circunstancias, a CGT considera este Primeiro de Maio como unha xornada de movilización que continúe a reivindicación común de tódalas organizacións sindicais de parar a Reforma Laboral, ata a súa completa derogación. É por eso que vos propoñemos a celebración unitaria do Primeiro de Maio, con unha única manifestación en Pontevedra, baixo o lema que foi utilizado por todos nós na Folga Xeral do 29 de marzo: "Derogación da Reforma Laboral". Pontevedra, a 3 de abril de 2012. O Secretario Xeral da CGT de Pontevedra." CGT-Pontevedra |
Post date: 2012-04-05 11:38:37 Post date GMT: 2012-04-05 10:38:37 Post modified date: 2012-04-06 18:25:55 Post modified date GMT: 2012-04-06 17:25:55 |
Export date: Fri Jan 31 1:49:21 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |