Como todos os anos, a CGT de Pontevedra participará este 1 de xuño na manifestación convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra para esixir o "Peche de Celulosas, ¡Xa!". Desde xeito, a CGT de Pontevedra renovará, por un ano máis, o seu compromiso na defensa do meio ambiente, do traballo e a saúde; pola recuperación da Ría nas marismas de Lourizán e polo benestar dos veciños e veciñas de toda a comarca, en risco permanente pola actividade contaminante, ademáis de destructiva de emprego e os recursos naturais, do complexo Empresa Nacional de Celulosas (ENCE)- Elnosa.
Comité Local CGT-Pontevedra