CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/pontevedra-29-de-setembro/ Export date: Fri Apr 25 9:40:11 2025 / +0000 GMT |
Pontevedra, 29 de setembro![]() A manifestación convocada por CGT, foi secundada por máis de un centenar de traballadores e traballadoras, que a partir da 1 da tarde recorreron rúas principais da cidade ata chegar ó edificio da sub-delegación do goberno. Nese punto, o secretario xeral do sindicato, comentou as circunstancias que nos levaron a esta folga, en defensa do traballo e polo reparto da riqueza, contra o paro e a exclusión social, para esixir a derrogación da Reforma Laboral e deter a ameaza que se cerne sobre as pensións e a ampliación da idade de xubilación. O secretario xeral tamén anunciou que a mobilización da clase traballadora seguramente terá que continuar e intensificarse nos próximos meses, rachando co sindicalismo oficialista de negociación e submisión que nos trouxo ata aquí, ata lograr que o paro e a precariedade deixen de ser unha ameaza certa para millóns de persoas, que a Reforma Laboral non chegue a aplicarse en ningún centro de traballo ou empresa e que os nosos maiores poidan disfrutar dignamente da riqueza social que eles contribuíron a crear, co seu traballo e esforzo. Comité de la F.L. de CGT-Pontevedra |
Post date: 2010-09-29 19:27:49 Post date GMT: 2010-09-29 18:27:49 Post modified date: 2010-09-29 19:34:47 Post modified date GMT: 2010-09-29 18:34:47 |
Export date: Fri Apr 25 9:40:11 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |