CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/pontevedra-22-abril-defensa-da-sanidade-publica/
Export date: Wed Jul 17 5:13:19 2024 / +0000 GMT

Pontevedra: 22 abril, Defensa da Sanidade Pública






A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 22 de abril nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. A concentración, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, na que participa e apoia a CGT de Pontevedra, terá lugar nesta cidade, na Praza da Peregrina, ás 12,30h.

A agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra

Post date: 2017-04-21 17:36:21
Post date GMT: 2017-04-21 16:36:21

Post modified date: 2017-04-21 17:36:21
Post modified date GMT: 2017-04-21 16:36:21

Export date: Wed Jul 17 5:13:19 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com