CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/pontevedra-21-xaneiro-defensa-da-sanidade-publica/ Export date: Sat Apr 19 1:11:40 2025 / +0000 GMT |
Pontevedra, 21 xaneiro: Defensa da Sanidade Pública![]() A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 21 de xaneiro nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública. A mobilización terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. Comité Local da CGT de Pontevedra |
Post date: 2017-01-19 12:51:40 Post date GMT: 2017-01-19 11:51:40 Post modified date: 2017-01-25 09:20:41 Post modified date GMT: 2017-01-25 08:20:41 |
Export date: Sat Apr 19 1:11:40 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |