CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/pontevedra-18-f-defensa-da-sanidade-publica/ Export date: Mon Apr 7 12:40:21 2025 / +0000 GMT |
Pontevedra, 18 F: Defensa da Sanidade Pública![]() A CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 18 de febreiro nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. A concentración, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h. A agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. Comité Local da CGT de Pontevedra |
Post date: 2017-02-17 14:00:43 Post date GMT: 2017-02-17 13:00:43 Post modified date: 2017-02-22 12:30:16 Post modified date GMT: 2017-02-22 11:30:16 |
Export date: Mon Apr 7 12:40:21 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |