CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/pontevedra-14-m-folga-en-solidariedade-con-palestina/
Export date: Sat Nov 23 8:09:28 2024 / +0000 GMT

Pontevedra, 14 M: Folga en solidariedade con Palestina




A Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Pontevedra fai un chamamento ás traballadoras/es asalariadas e empregados do Estado español no ámbito do concello de Pontevedra, a realizar o día 14 de marzo unha folga de 24h en solidariedade con Palestina, para parar o xenocidio, os crimes de guerra e lesa humanidade que ven executando Israel, coa complicidade activa e financiación da súa actividade criminal do goberno da Unión Europea e o estado español.

Ámbito da folga, limitado ó concello de Pontevedra:

  • Administración central do Estado
  • Administración autonómica, Xunta de Galicia
  • Deputación de Pontevedra
  • Concello de Pontevedra
  • Centros educativos de Ensino Secundario e Formación Profesional
  • Centros universitarios
  • Oficinas e centros de Correos S.L.

            Exiximos o estado e as súas administracións central, autonómica e locais, institutos, centros universitarios e dependencias de Correos nas que exercemos o noso traballo para que, no noso nome e o da sociedade pontevedresa, declaren e leven a efecto a ruptura inmediata con Israel en todos os ámbitos, diplomáticos, políticos, económicos ou comerciais e procedan a sancionar e embargar a todas as empresas, públicas ou privadas, que manteñan e amparen o comercio de armas con Israel ou colaboren na colonización ilegal de terras palestinas, particularmente nas zonas ocupadas militarmente.

            CGT - Pontevedra

Post date: 2024-02-29 17:23:22
Post date GMT: 2024-02-29 17:23:22

Post modified date: 2024-02-29 17:23:22
Post modified date GMT: 2024-02-29 17:23:22

Export date: Sat Nov 23 8:09:28 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com