CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/polo-publico-polo-comun/ Export date: Wed Apr 16 17:51:15 2025 / +0000 GMT |
Polo público, polo comúnDesde a orixe do capitalismo, o público véuselle usurpando á clase traballadora que o crea e, pola contra, entregándoo aos grandes grupos empresariais e financeiros. Esta usurpación e saqueo puidérona facer grazas á colaboración servil dos diferentes gobernos co poder económico, fose cal fose o seu signo político, en defensa dos intereses dos grandes capitalistas. Desde 2007, coa crise-estafa, os gobernos, xunto as institucións da Unión Europea e do sistema capitalista, FMI, BM, BCE, espoliaron as rendas salariais, empobrecendo a maioría social para beneficio privado duns poucos desalmados, e as conquistas sociais e servizos que ofrecían un mínimo de protección á clase obreira. Sabemos tamén, por reiteradas experiencias, que non é votando como se garanten os dereitos e as liberdades, como se recupera todo aquilo do que nos desposuíron e que era noso, nin se impiden novos atracos sociais. É coa protesta na rúa, coa presión popular, coa loita decidida de todos, goberne quen goberne, como conseguiremos establecer un modelo de sociedade onde podamos vivir con Dignidade. |
Post date: 2017-01-19 18:24:29 Post date GMT: 2017-01-19 17:24:29 Post modified date: 2017-01-27 13:07:54 Post modified date GMT: 2017-01-27 12:07:54 |
Export date: Wed Apr 16 17:51:15 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |