Hoxe, 18 de decembro, as dúas delegadas de CGT no Comité de empresa do centro de traballo de Vilaxoán (antes Conservas Peña) da conserveira Bernardo Alfageme e as traballadoras da sección sindical de CGT, decidimos pecharnos na fábrica o mesmo día en que íamos comezar o último período das vacacións anuais. Esiximos cobrar os salarios que nos deben de novembro, decembro e a paga extra e, manifestamos a nosa vontade de defender os postos de traballo e a continuidade da actividade conserveira, ameazados polos intereses urbanísticos dos actuais propietarios de Alfageme: a inmobiliaria Promalar, que conta co apoio dos sindicatos CIG, UGT e, agora tamén CC.OO, pero coa oposición da maioría da plantilla de Vigo e da CGT (con representación no comité de empresa e sección sindical acreditada en Vilaxoán).

Inda non fai dous meses, os membros dos comités de empresa de CIG, UGT e CCOO firmaron diante da Consellería de Traballo, o IGAPE e a Empresa, o seu apoio ó Plan de Viabilidade empresarial. Dito Plan, que non é máis que un disfraz da colosal operación ladrillo, contempla o peche das plantas de Vigo e O Grove (e liberación, polo tanto, dos solares respectivos, que quedan a plena dispoñibilidade de Promalar para o seu uso especulativo e urbanístico), o despido incentivado de máis de 60 traballadores e traballadoras de Vigo e O Grove e o traslado da plantilla restante o centro Vilaxoan. A operación financiaríase coa ampliación de aval bancario polo IGAPE por valor de outros 6 millóns de euros (por riba dos 44 millóns xa concedidos nos últimos anos), a obtención de novos créditos por las mesmas entidades bancarias que os concederan no inmediato pasado e a venta dos solares liberados.
Somentes a CGT votou en contra diste fraudulento Plan e alertou de que intentar levalo a cabo, poñería en perigo a continuidade da totalidade da empresa. E nesas estamos. A ameaza de quebra xeneralizada é tan real como o intento da empresa por executala en canto se lle garante que pode dispor do solar principal da rua Tomás Alonso en Vigo, a concesión portuaria, etc.

Comparte esta entrada ...