CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/peche-do-hospital-da-cruz-vermella-en-vigo/ Export date: Wed Apr 16 20:35:59 2025 / +0000 GMT |
Peche do Hospital da Cruz Vermella en VigoO pasado martes 2 de febreiro a Cruz Vermella presentou en ERE definitivo, que vai supor a destrución de 70 postos de traballo e o peche do Hospital que esta ONG ten na cidade de Vigo. Dende o primeiro momento o Sindicato de Oficios Varios de Vigo da CGT se ten volcado totalmente neste conflito. Participando activamente en todas as accións de protesta levadas a cabo, dende concentracións ata a actual recollida de sinaturas de apoio, así como nas reunións ca empresa. O SOV de Vigo, da Confederación Xeral do traballo, oponse totalmente a esta medida, que non so vai significar o despedimento de 70 mulleres e homes, motivo mais que suficiente por si só, senón que vai significar o peche dunha infrastructura sanitaria imprescindible na comarca de Vigo. A falla de camas hospitalarias na nosa comarca é un feito coñecido e recoñecido. E no caso de enfermos crónicos ou que precisen longas estadías hospitalizados, como son os pacientes atendidos no Hospital da Cruz Vermella, esta carencia é aínda mellor. Atopámonos pois ante unha agresión, non so os traballadores/as e enfermos do hospital, atopámonos ante unha agresión a toda a cidadanía de Vigo a da súa area de influencia. Se o peche se leva acabo, vai desaparecer un servizo imprescindible para todos nos, cidadan@s de Vigo. Neste ERE, todos somos afectados. |
Post date: 2010-02-17 18:44:11 Post date GMT: 2010-02-17 17:44:11 Post modified date: 2010-02-17 18:44:11 Post modified date GMT: 2010-02-17 17:44:11 |
Export date: Wed Apr 16 20:35:59 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |