post

 

Teleperformance, en Agrela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs en A Coruña, dando servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores. Segundo indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.

O Comité de empresa de Teleperformance Coruña (CCOO, CIG, UGT e CGT) denuncia que a empresa continúa aproveitando a crise sanitaria do Covid-19 para explotar e sancionar xs traballadorxs en pleno estado de alarma.

Ante esta situación decidiu convocar PAROS PARCIÁIS o próximo día 30 de NOVEMBRO de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas, acompañados dunha CONCENTRACIÓN de traballadorxs frente á empresa de 11:30 a 12:00 horas.

O OBXECTIVO dos paros parciáis consiste en que a empresa se aveña a:

Retirada das sancións de suspensión de emprego e soldo de 30 días na campaña de Orange que afectan a 5 persoas e se facilite ó persoal unha formación axeitada en todos os ámbitos.

Cese de descontos en nómina por incidencias técnicas responsabilidade de Teleperformance e tamén das presións xs traballadorxs para que recuperen ditos tempos, tal como se lles requiriu por parte da Inspección de Traballo e cuxo requerimento ignoran.

Que a empresa facilite un teléfono móbil e a correspondente líña se quere que o persoal empregue o móbil para traballar, ademáis de facilitar os equipos necesarios para teletraballar.

Que a empresa garanta o dereito á desconexión dixital do persoal como establece a lei, de forma que o persoal traballe só durante a súa xornada laboral.

A convocatoria de folga prodúcese como consecuencia de ter resultado infructuosas as xestións realizadas coa dirección, para acadar un acordo en torno ós temas que motivan as accións a levar a cabo. A día de hoxe a empresa non manifestou a súa intención de falar co Comité.

Comité de Empresa de Teleperformance – A Coruña




Comparte esta entrada ...