CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/paros-en-extel-na-coruna-contra-os-abusos-empresariais/ Export date: Sun Nov 24 2:17:45 2024 / +0000 GMT |
Paros en EXTEL na Coruña contra os abusos empresariaisA empresa do telemarketing EXTEL, do grupo ADECCO, ten dado un paso mais no encadeamento de abusos aos que ten acostumados aos seus traballadores e traballadoras no centro de traballo de que dispón na Coruña. Desta volta, e de costas ao Comité, a empresa comunicou a mais de 150 traballadores e traballadoras do departamento de Retención Pemes un cambio de departamento que supón unha modificación sustancial das súas condicións de traballo dado que afecta ao seus horarios e rendemento no traballo, afectando á súa remuneración. Dos 150 afectados, 34 traballadores e traballadoras foron despedidos por fin de obra o domingo para o luns firmar un novo contrato. O Comité considera que a empresa está a facer un despido colectivo e modificación das condicións de traballo, con cambios de horarios, de xeito ilegal, saltándose tódolos procedementos establecidos. A dirección da empresa leva un mes de enganos, vendendo a intención de manter xornadas, quendas e horarios, cando o que realmente facía era recolocar a dedo, sen ningún tipo de criterio obxectivo.
 Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña |
Post date: 2013-02-18 17:49:27 Post date GMT: 2013-02-18 16:49:27 Post modified date: 2013-02-21 11:12:52 Post modified date GMT: 2013-02-21 10:12:52 |
Export date: Sun Nov 24 2:17:45 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |