A empresa do telemarketing EXTEL, do grupo ADECCO, ten dado un paso mais no encadeamento de abusos aos que ten acostumados aos seus traballadores e traballadoras no centro de traballo de que dispón na Coruña.
Desta volta, e de costas ao Comité, a empresa comunicou a mais de 150 traballadores e traballadoras do departamento de Retención Pemes un cambio de departamento que supón unha modificación sustancial das súas condicións de traballo dado que afecta ao seus horarios e rendemento no traballo, afectando á súa remuneración. Dos 150 afectados, 34 traballadores e traballadoras foron despedidos por fin de obra o domingo para o luns firmar un novo contrato.
O Comité considera que a empresa está a facer un despido colectivo e modificación das condicións de traballo, con cambios de horarios, de xeito ilegal, saltándose tódolos procedementos establecidos. A dirección da empresa leva un mes de enganos, vendendo a intención de manter xornadas, quendas e horarios, cando o que realmente facía era recolocar a dedo, sen ningún tipo de criterio obxectivo.

Despidos_extel
Por isto, a CGT e o resto de sindicatos presentes no Comité, anuncia que non vai a tolerar que esta actuación empresarial e chama a todos os traballadores e traballadoras da plataforma a secundar os paros convocados dunha hora por quenda de traballo, o vindeiro xoves, 21 de febreiro, ás 12:30 e ás 18:30.

 Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña

Comparte esta entrada ...