CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/paros-en-eurocen-na-coruna/
Export date: Thu Jul 18 2:25:50 2024 / +0000 GMT

Paros en Eurocen na Coruña


Esta semana a empresa Eurocen, do sector do telemarketing, modificou preto de 150 traballadores o seu horario dun día para outro , incumprindo a lexislación laboral e os acordos acadados co comité. Ademais, trátase de horarios provisorios "ajustados a las necesidades de servicio actuales". A intención da empresa é clara: Impor rotacións dos fines de semana mensualmente, o que implica rematar có calendario laboral anual, no que están establecidos os horarios anuais e os fins de semana que toca traballar ao longo do ano. Modificar os horarios en funcións das "necesidades del servicio" supón na práctica: obrigar a traballar os fins de semana que non corresponde se MoviStar ou calquer outro cliente decide que vai a haber más tráfico de chamadas, impor traballar 11 días consecutivos… A esto debe unirse a política de "ascensos" a dedo, os despidos, as modificacións nos incentivos (cada vez cobramos menos), o oscurantismo nos cambios de quenda e departamento, as faltas de respeto, ...

Esta actitude é totalmente inadmisible. ¿Non é tempo de que os traballadores de Eurocen digamos alto e claro que cos nosos dereitos non se xoga?  ¿Estamos dispostos a seguir tragando? ¿Non é tempo de decir: BASTA!!!? Para a CGT é o momento de que todos e todas plantemos cara a esta dirección e, unidos, impidamos que se sigan a vulnerar os nosos dereitos. Por todo isto, a CGT, xunto ao resto das organizacións sindicais presentes no Comité de Empresa, ten convocado legalmente paros dunha hora de duración para o vindeiro mércores, 16 de febreiro, de 12:00 a 13:00, e de 18:00 a 19:00.
Post date: 2011-02-11 12:05:46
Post date GMT: 2011-02-11 11:05:46

Post modified date: 2011-02-11 12:08:14
Post modified date GMT: 2011-02-11 11:08:14

Export date: Thu Jul 18 2:25:50 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com