O vindeiro venres, 9 de abril, os traballadores e traballadoras de Correos están convocados a secundar a manifestación e mailos paros convocados pola CGT xunto con outras organizacións sindicais, contra o apagón postal e pola viabilidade de Correos.
A manifestación sairá ás 12:30 horas dende a Xefatura Provincial de Correos na Coruña e o percorrido rematará diante da Delegación do Goberno.
A fin de facilitar a participación de todos, haberá buses que partirán dende Ferrol e Compostela, para os que é preciso anotarse no seguinte número de teléfono: 690.649.971
O paro parcial de catro horas está convocado do seguinte xeito:
- Carteirías e Oficinas: de 11 a 15 horas.
- Oficinas de Centro Comerciais: de 12 a 16 horas.
- CTA: Â quenda de mañá: de 11 a 15; quenda de tarde: de 15 a 19; 1ª quenda de noite: de 1 a 5; 2ª quenda de noite: de 3 a 7
A participación de todas e todos é fundamental na defensa de Correos como servizo público.