CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/paros-en-atento-na-coruna-contra-os-ataques-da-empresa/
Export date: Wed Jul 17 14:28:06 2024 / +0000 GMT

Paros en Atento na Coruña contra os ataques da empresa


paros19F2015_AtentoDende que rematou o conflito do ERE no mes de novembro están a ser continuas as agresións aos traballadores e traballadoras de Atento na Coruña.

Primeiro foi a degradación das funcións que realizaban algúns dos traballadores e traballadoras reincorporadas, para continuar "inventándose motivos" por cambiar as quendas de traballo sen respectar o dereito á conciliación familiar. Ademais, seguen en aumento as presións, persecucións, abusos e acosos en todos os departamentos: monitorizacións constantes para impor sancións que nalgún caso chegou á suspensión de emprego e soldo de ata 10 días.

De todo isto son responsables tanto Atento como Movistar, que tan só pretenden aumentar beneficios a costa dos dereitos e mesmo a saude dos traballadores e traballadoras, provocando a enfermidade con pésimas condicións de traballo e logo co despedimento coa excusa do absentismo, como ten acontecido a pasada semana con tres compañeiros.

Por todo isto, o vindeiro xoves 19 de febreiro están convocados paros en todos os servizos, en horarios de 12 a 13 e de 19 a 20 horas, xunto con dúas concentracións de protesta diante do centro de traballo na rúa Juan Florez, nese mesmo horario.

Mais información no Blog da Sección Sindical da CGT en Atento na Coruña. 1
Links:
  1. http://atentodespide.blogspot.com.es/
Post date: 2015-02-18 12:59:45
Post date GMT: 2015-02-18 11:59:45

Post modified date: 2015-02-18 13:01:09
Post modified date GMT: 2015-02-18 12:01:09

Export date: Wed Jul 17 14:28:06 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com