CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/paros-en-atento-e-extel-na-coruna/
Export date: Sun Sep 1 16:18:45 2024 / +0000 GMT

Paros en Atento e Extel na Coruña


O vindeiro venres 7 de marzo, as traballadoras e traballadores subcontratados para os distintos servizos de atención telefónica de Movistar na Coruña continuarán as mobilizacións iniciadas en xaneiro contra os despedimentos, sancións, cambios constantes de horarios, quendas e xornadas, ameazas e presións aos que están a ser sometidos nos últimos meses. No centro de Atento na Coruña, o mércores 5, dous novos traballadores foron despedidos inxustamente e de xeito miserable. Dende setembro son xa once os despedimentos; deles, dez son traballadores dos que Atento xa intentara desfacerse en abril de 2013, nun proceso de despido colectivo que logo, tras varias xornadas de mobilizacións, deixou sen efecto.

extel_despedimentosA xornada de protesta consistirá en paros dunha hora, de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas. Ademais dos centros de Atento e Extel en Coruña, desta vez o paro laboral faise extensivo ao ámbito estatal nestas dúas empresas subcontratadas por Movistar. Durante os paros, os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña farán visible a súa protesta diante do centro de traballo escenificando un enterramento simbólico das constantes agresións ás que estamos sometidos por Movistar e as súas contratas. En Extel se realizarán dúas manifestacións (ás 12 e ás 19 horas) polas rúas de Matogrande, partindo da sé da empresa na Coruña.

Con esta nova xornada de protesta, os traballadores e traballadoras de Atento e Extel subcontratados por Movistar reclamamos o cesamento dos despidos, as presións, ameazas, acosos e sancións, ademais de desenmascarar as supostas bondades que a compañía pretende vender de cara ao público coas súas campañas publicitarias sobre a proximidade e a calidade da atención mentres a realidade é que os traballadores vivimos nun constante clima laboral de ameazas e conflitividade sen ter nin os coñecementos nin as ferramentas necesarias para desenvolver o noso traballo.
Post date: 2014-03-06 20:43:13
Post date GMT: 2014-03-06 19:43:13

Post modified date: 2014-03-06 20:45:52
Post modified date GMT: 2014-03-06 19:45:52

Export date: Sun Sep 1 16:18:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com