CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/paros-e-concentracions-en-atento-na-coruna-2/
Export date: Tue Jul 16 7:25:06 2024 / +0000 GMT

Paros e concentracións en Atento na Coruña


concentración AtentoOs traballadores e traballadoras de Atento continúan os paros dunha hora por quenda un día á semana, en protesta polas condicións de explotación ás que a empresa someteos na atención a clientes de Movistar: presión excesiva na consecución de ventas, ainda que os clientes chamen para por reclamacións ou facer consultas; ordes de non tomar nota de averías nos servizos de atención técnica, de tal xeito que os fallos non poden ser resoltos; limitación de atención de chamadas a un tempo determinado, coa conseguinte insatisfacción dos clientes... todo isto súmase ás xa habituais condicións polas que levan anos movilizándose: acoso no traballo, sancións, cambios constantes de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, grabacións constantes das chamadas atendidas... O vindeiro luns, 6 de xuño, terán lugar concentracións durante os paros, diante do centro de traballo na rúa de Juan Flórez, ás 12 e ás 19 horas.
Post date: 2016-06-05 16:18:27
Post date GMT: 2016-06-05 15:18:27

Post modified date: 2016-06-05 16:19:17
Post modified date GMT: 2016-06-05 15:19:17

Export date: Tue Jul 16 7:25:06 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com