concentración AtentoOs traballadores e traballadoras de Atento continúan os paros dunha hora por quenda un día á semana, en protesta polas condicións de explotación ás que a empresa someteos na atención a clientes de Movistar: presión excesiva na consecución de ventas, ainda que os clientes chamen para por reclamacións ou facer consultas; ordes de non tomar nota de averías nos servizos de atención técnica, de tal xeito que os fallos non poden ser resoltos; limitación de atención de chamadas a un tempo determinado, coa conseguinte insatisfacción dos clientes… todo isto súmase ás xa habituais condicións polas que levan anos movilizándose: acoso no traballo, sancións, cambios constantes de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, grabacións constantes das chamadas atendidas… O vindeiro luns, 6 de xuño, terán lugar concentracións durante os paros, diante do centro de traballo na rúa de Juan Flórez, ás 12 e ás 19 horas.

Comparte esta entrada ...