CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/paros-contra-os-abusos-en-unipost/ Export date: Thu Jan 2 14:15:12 2025 / +0000 GMT |
Paros contra os abusos en UnipostA CGT, xunto co resto das organización sindicais (CC.OO., USO e UGT), convocan paros parciais en todos os centros de traballo da empresa Unipost, entre os días 5 e 9 do mes de setembro. A estes paros, aos que están convocados todos os traballadores e traballadoras da empresa, serán de duas horas para quen teña xornadas de ata seis horas e de tres para os que as teñan superiores e realizaranse nas últimas horas da xornada laboral. Os paros fanse para esixir á empresa que cumpra a normativa legal e convencional en canto ao pagamento puntual das nóminas dos traballadores, é dicir, en contra do impago e fraccionamento das nóminas mensuais, da paga extraordinaria de verán deste ano e tamén o impago de cantidades de retroactividade por sentenza do Tribunal Supremo. A empresa Unipost mantén, na provincia da Coruña, os centros de traballo da Coruña e de Compostela. Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2016-08-26 10:25:59 Post date GMT: 2016-08-26 09:25:59 Post modified date: 2016-08-26 17:08:41 Post modified date GMT: 2016-08-26 16:08:41 |
Export date: Thu Jan 2 14:15:12 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |