Máis de medio centenar de traballadores e traballadoras de Correos se concentraron onte diante do edificio da Xefatura Provincial de Correos na cidade da Coruña para expresar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras da Unidade de Reparto nº1 que se atopan en folga dende o pasado 4 de xuño, en protesta pola reducción dun 25% do persoal da máis importante oficina da cidade.

Os traballadores e traballadoras de Correos denunciaron a actitude represora e intransixente da dirección de correos que ten aberto 14 expedentes disciplinarios ós carteiros en folga, así como as intencións privatizadoras da empresa.

 

Comparte esta entrada ...