Dende a CGT queremos comunicar que o persoal de reparto da rúa Entrepeñas (UR3) que levaba en folga dende o 23/12 incorporouse hoxe aos seus postos de traballo como mostra de boa fe pero criticando con dureza á dirección de Correos que non se puxo en contacto cos folguistas en ningunha ocasión.
O número de cartas acumuladas supera as 25000 e de paquetes cálculan uns 1000 que seguen na unidade a día de hoxe, serán necesarias varias semanas para normalizar a situación.
O persoal califica os 6 contratos efectuados como «parche», pois unicamente se fixeron ata o 16 de xaneiro.
Asimesmo mántense a convocatoria de folga por parte do sindicato CGT, e o persoal non descarta volverse a adherir a ela se a situación non mellora.
Nas próximas semanas o persoal terá contacto con diversas asociacións de veciños/as e comerciantes para explicar a situación de falta estructural de persoal suficiente para cubrir todas as zonas de reparto asignadas a esa unidade. O persoal xa recibiu apoio de asociacións de veciños/as como Labañou, Ventorrillo e Agra do Orzán e nas próximas xornadas contactará con Os Rosais, Visma, Mariñeiros e Entre Rondas para lles explicar polo miudo a situación da unidade.
Lembrando que durante todo o ano o número de prazas estructurais vacantes é de 5 de 22, ao que lle hai que sumar as faltas de cobertura por baixas, que suman outras 7 a día de hoxe.
Sección Sindical CGT A Coruña