CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/o-luns-31-de-maio-paro-e-concentracion-en-trafico-de-pontevedra/ Export date: Fri Dec 27 13:55:15 2024 / +0000 GMT |
O luns, 31 de maio, paro e concentración en Tráfico de PontevedraPara o día 31 de maio, luns, a CGT de Pontevedra convoca un Paro na Jefatura de Tráfico de Pontevedra e unha concentración diante da súa oficina, ás 12 da mañán. Dous meses de suspensión de emprego e soldo para o compañeiro Rodrigo Vázquez Arias teñen a culpa. Este venres, 21 de maio, entregáronlle ó compañeiro Rodrigo a proposta de resolución do seu expediente disciplinario. Dous meses de suspensión de emprego e soldo, é o que pide a instructora do expediente. Faino despois dunha instrucción, que non pode ser calificada senon como fraude: escóndelle escritos que non llos ensina ata que está fora de prazo para presentar alegacións ou pedir a práctica de probas, non lle comunica a toma de declaración que lle fai a tres funcionarios, manipula as declaracións destes, denega a realización de probas propostas polo compañeiro e mais polo Sindicato sen máis motivación que "no resultan procedentes", etc etc Esta sanción de dous meses é a proposta que a instructora lle fai ó Subsecretario de Interior, que é quen ten a capacidade legal de asinar unha sanción. Por iso, a CGT de Pontevedra considera necesario e imprescindible enfrentarse públicamente a esa agresión antes de que o Subsecretario estampe a súa sinatura. Dende esta páxina web, facemos un chamamento a toda a afiliación, e simpatizantes, para conseguir unha boa concentración, que interrompa o tráfico e se signifique. Despois desta concentración en Pontevedra, tense prevista outra diante do Ministerio de Interior, en Madrid e tamén anunciaremos a súa convocatoria. ¡Acudide á Concentración! ¡Basta de dictadura en Tráfico! SUTSO - CGT. Pontevedra |
Post date: 2010-05-23 18:37:45 Post date GMT: 2010-05-23 17:37:45 Post modified date: 2010-05-23 18:50:55 Post modified date GMT: 2010-05-23 17:50:55 |
Export date: Fri Dec 27 13:55:15 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |